Conversa:Libélula

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

O nome está aceptado pola RAG ou AGAL? Eu sempre as coñecín coma "cabaliños do demo"

Está aceptado polo VOLG. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 16:34, 18 de febreiro de 2011 (UTC)
O dicionario da Academia dá como sinónimo cabalo do demo.--Cheluco 16:34, 18 de febreiro de 2011 (UTC)
Eu sempre entendín que dentro da orde dos Odonatos as libélulas ou libeliñas non son o mesmo que os cabalos do demo. As libélulas poñen as ás en posición horizontal separadas do corpo cando se pousan, teñen os dous pares de ás de distinto tamaño e os ollos na parte superior da cabeza e pertencen ao suborde Anisópteros. Os cabaliños do demo poñen as ás en posición vertical ou pegadas ao corpo cando se pousan, teñen ás iguais, e ollos laterais e son da suborde dos Cigópteros. Por certo, no artigo non se explican as caracterísitcas específicas dos Anisoptera (que os diferencian dos Zygoptera), porque as características mencionadas parecen as dos Odonatos en xeral. Cambiei a imaxe do cadro para que sexa con certeza un anisóptero. Porén, no dicionario da RAG libélula e cabalo do demo danse como sinónimos, así que cando se faga na Galipedia a páxina dos Zygoptera (cabalos do demo?) non sei que nome lle imos dar.--Miguelferig (conversa) 3 de marzo de 2013 ás 01:11 (UTC)[responder]
En efecto, as libélulas e os cabalos ou cabaliños do demo non son o mesmo becho. Aínda hai máis, a suborde Anisópteros foi "degradada" a infraorde e agora pertence á suborde Epiprocta, que ademais acolle a outra antiga suborde, os Anisozygoptera. Isto é, dentro da clase Odonata temos a suborde Zygoptera (cabaliños do demo) e a suborde Epiprocta, que á súa vez abrangue a infraorde Anisoptera (libélulas) e a infraorde Anisozygoptera (non teño moi claro que bechos son estes nin se se segue a usar aínda este taxón). Máis info nesta web da Universidade da Florida Libélulas y caballitos del diablo. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 30 de xullo de 2013 ás 22:03 (UTC)[responder]

Cambio do nome do artigo[editar a fonte]

Creo que despois da readaptación e ampliación deste artigo (e mesmo do seu contido orixinal), debería ser Odonatos. --XoioÉche o que hai 29 de novembro de 2016 ás 21:22 (UTC)[responder]

No DRAG libélula e cabalo do demo significan (segundo eles) anisópteros, mentres que odonatos é o nome que o DRAG dá para a orde, polo que se nos atemos a iso se debería redireccionar a esta páxina de libélulas a voz anisópteros e facer unha páxina específica para odonatos.--Miguelferig (conversa) 14 de abril de 2017 ás 17:45 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Libélula. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 10 de setembro de 2018 ás 06:09 (UTC)[responder]

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 12 de setembro de 2019 ás 01:19 (UTC)[responder]