Conversa:Lexión Cóndor

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Saudos, se ha Lexion Condor tiña carros de combate e artilleria, deberia considerarse da Luftwaffe?--Carronada 22:46, 10 xuño 2008 (UTC)

Só como unha orientación, xa que non é un tema que domine, aínda que os artigos doutras Wikipedias non poden tomarse como referencia despois de consultar as versións en inglés, alemán, francés e outras vexo que todos falan da Luftwaffe. En concreto en inglés teñen un apartado que fala de unidades non aéreas da Lexión Cóndor. Esta versión do artigo semella estar relacionada coa versión en castelán e catalán artigos que conteñen menos información cos outros citados. Con todo para confirmar os datos deberían buscarse referencias de fontes fiables admisibles na Wikipedia. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:09, 10 xuño 2008 (UTC)

Hai multitude de libros que se poden utilizar como referencia das unidades de panzers da Luftwaffe:

  • Gordon Williamson, Velimir Vuksic:Panzer Crewman 1939-45
  • Nigel Thomas, Stephen Andrew:German Army, 1939-45
  • Norman Polmar, Thomas B. Allen:World War II: The Encyclopedia of the War Years, 1941-1945

Enton eran forzas terrestres da lufwaffe, ou simplemente forzas terrestres encadradas na lexion condor, a division azul, tamen contaba cunha escuadrilla de avions, pero estaba encadrada na Lufwaffe mentres que o resto da division, no Heer.--Carronada 19:36, 11 xuño 2008 (UTC)

  • A coñecida como Lexión Cóndor (en realidade ese non era o seu nome oficial) estaba formada por elementos das tres armas do exército alemán, aínda que o groso da tropa era da Luftwaffe e o seu comandante en xefe tamén era da Luftwaffe e oficialmente as súas unidades levaban o número 88, asignado pola Luftwaffe. Pero oficialmente mentres estiveron en España, os soldados alemáns, formaban parte do Exército Nacional de Franco e non do exército alemán. Non teño aquí as referencias para dicir se esas unidades terrestres alemás pertencían en orixe á Luftwaffe, ao exército de terra ou a ambos (o máis probable xa que os soldados alemáns eran voluntarios dos tres exércitos pero con maioría da Luftwaffe), pero penso que a todos os efectos mentres estiveron en España serviron (non oficialmente) ás ordes da Luftwaffe. E se as obras de referencia asignan esas tropoas terrestres á Luftwaffe (cousa que habería que comprobar), nós non o podemos cambiar--Arco de Rayne 20:32, 11 xuño 2008 (UTC)
  • Se sabes inglés un libro con moita información é o de Carlos Caballero Jurado The Condor Legion na editorial Osprey, a pesar de ser o autor español creo que non se publicou en castelán. A editorial Osprey é unha editorial especializada en historia militar coñecida por publicar obras serias e rigorosas (ademais de fermosamente ilustradas).--Arco de Rayne 21:15, 11 xuño 2008 (UTC)

Moitas gracias, coñezo a editorial Osprey, teño libros alemans da epoca sobre a Lexion Condor, pero estan en aleman, e ademais con letra gotica...--Carronada 22:12, 11 xuño 2008 (UTC)

  • Neste libro salen as 299 baixas da Lexion; ¨¨ La Legion Condor.Imagenes ineditas para su historia.¨¨¨.Raul Arias Ramos,Edt.Agualarga, Madrid 2002. Pero non sei como facelo saber no artigo.--Carronada 00:23, 15 xuño 2008 (UTC)
  • Para engadir referencias hai dous pasos, na páxina de edición tes que lle dar o número 1 (a penúltima icona) no lugar no que queres engadir a referencia, saírache un código como este: <ref>referencia, citación ou ligazón</ref>, copias a referencia dentro tal que así: <ref>Raúl Arias Ramos, ''La Legión Cóndor.Imágenes inéditas para su historia'', Editorial Agualarga, Madrid, 2002.</ref>. O segundo que tes que facer é crear a sección de notas de tal xeito (ás veces xa está creada e non fai falta este segundo paso)

creas a sección notas así: == Notas ==

  • E debaixo pos este código:<references/>
  • Iso si para as referencias concretas, como é este caso, débese poñer a páxina onde aparece ese número de baixas.--Arco de Rayne 08:09, 15 xuño 2008 (UTC)

Moitas gracias pola tua axuda, agora gustariame colocar a lista de avions en duas columnas, para que non se alongue demasiado o artigo, ¿como poderia facer? gracias adiantadas.--Carronada 12:37, 15 xuño 2008 (UTC)

  • Para colocalos en columnas o código wiki é (podes substituír os números polo número de columnas que queiras):

<div class="references-small" style="-moz-column-count:2; column-count:2;"> Aquí pos o texto </div> --Arco de Rayne 14:19, 15 xuño 2008 (UTC)

Esta é unha imaxe da insignia de carristas: http://commons.wikimedia.org/wiki/Image:Kondor-Legionpanzerabzeichen.jpg non estaria de mais engadila... gracias--Carronada 21:10, 15 xuño 2008 (UTC)

Teñño imaxes en publicacións orixinais dos anos 30 sobre a Lexión Condor, ¿Habería algún problema cos dereitos para subilas a wikipedia despois de tanto tempo?--Carronada 23:50, 21 xaneiro 2009 (UTC)