Conversa:Lentes

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Temos un problema. Lentes, en galego, é masculino de toda a vida. Outra cousa é a lente do microscopio. Eu púxenme en contacto hai uns meses coa RAG para comentarlles o tema, e respondéronme por correo electrónico que, malia que no VOLGa só se recolle o feminino, efectivamente os lentes (anteollos) é masculino. Como se referencia iso? O que podo ofrecer é o e-mail de resposta. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 14:52, 5 decembro 2009 (UTC)

  • Carai, acabo de reler o e-mail e non sei como o lera da outra vez pero os tipos non baixan da burra. É feminino, insisten. Pois nada, así ten que quedar. Voume queixar. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 14:55, 5 decembro 2009 (UTC)
    • ¿E onde está o problema? A lingua éche así de caprichosa e temos exemplos de abondo para asombranos agora. Se buscas no TILGA verás que lentes (como aparato, como conxunto) é case sempre masculino, e hai tempo houbo nunha rolda de terminoloxía un debate sobre o sexo dos anxos, digo, dos lentes, e todo o mundo concordaba en que era masculino (o conxunto, insisto). Isto non empece que unha lente (cristal óptico) sexa feminino, e dúas lentes tamén (as lentes do microscopio). No Dic. de Dúbidas da RAE (si, xa sei que non te serven como referencia) xa aclaran que, aínda que se admiten os dous xéneros, en España se prefire o fenimino para unha lente mentres que en América usan tanto un como outro xénero, pero que se falamos do "juego de dos lentes con armadura" se usa o plural e "normalmente" o masculino. Fáltanos, é certo, que apareza no DRAG-VOLGa para termos referencia, pero a falta diso, creo que a experiencia e o uso (e máis, se ti dis que tes a confirmación escrita) éche para min referencia suficiente para utilizar a forma masculina. Pedro --Lameiro (conversa) 16:55, 5 decembro 2009 (UTC)

Redirección[editar a fonte]

Creo que sería conveniente eliminar a redirección de Lente para Lentes. Os lentes (masculino) son, efectivamente, os anteollos. Pero as lentes (feminino) teñen un significado máis amplo, polo que tiven que redactar unha páxina Lente (óptica) e mais unha páxina de homónimos. --XoioÉche o que hai 17:43, 5 de setembro de 2011 (UTC)

Queda pasado todo ao xénero correcto (segundo o DRAG), o feminino. Polo que revisei agora no historial do artigo, a palabra comezou marcándoa co masculino o usuario Xoán Carlos Fraga, despois fun eu quen abriu o debate cun as/os e, a estas alturas, creo que a cousa está clara en tanto que a DRAG o dá unicamente e exclusivamente como palabra feminina. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 26 de novembro de 2016 ás 15:47 (UTC)[responder]