Conversa:Legolas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

¿Non se dixo sempre Légolas? Non mo imaxino pronunciado doutro xeito, a verdade. Pedro --Lameiro (conversa) 18:07, 4 febreiro 2008 (UTC)

...tamén se di Áragorn, e se escribe Aragorn... O nome non está escrito en galego, polo que a pronunciación é distinta. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 19:20, 4 febreiro 2008 (UTC)

Untitled[editar a fonte]

Si, pronúnciase como esdrúxula, mais como norma, para os textos de Tolkien non se mudan os acentos gráficos dos nomes propios ao "traducilos" (agás no caso de traducións desde o Oestron); outros exemplos son Boromir, Gandalf, Nazgûl e Mordor, que segundo as regras de acentuación galegas e da posición do seu acento fonético deberían ser tildadas en galego, e non é así :) Un saúdo e grazas por pasárdesvos por aquí.--Manudosde 22:07, 4 febreiro 2008 (UTC)

Tradución rematada. Vinme na obriga de deixar fóra algunhas citas textuais porque non teño unha copia dos libros que as conteñen. Tamén omitín o parágrafo no que se explica o goberno do Reino do Bosque porque pareceume desviarse de máis do tema, e as seccións sobre a idade e a cor do cabelo de Legolas, non moi relevantes, bastante especulativas e con citas que non podía reproducir. Decátome da cantidade de ligazóns en vermello, mais cómpre dar tempo ao tempo :) Un saúdo --Manudosde 21:55, 8 febreiro 2008 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Legolas. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 26 de agosto de 2018 ás 00:20 (UTC)[responder]