Conversa:Leónidas (choiva de meteoros)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Se as outras choivas de estrelas non levan o engadido de (astronomía) debe ser porque non se poden confundir con outra couso (ignóroo), pero no caso de Leónidas cúmprelle ben, pois pode ser confundido co nome de varios reis de Esparta, en especial co primeiro de tal nome. Penso que debería manterse o nome deste artigo e facer unha páxina de homónimos.--Servando2 (Dime) 12:28, 28 de novembro de 2010 (UTC)

- Home, entón, polo menos pórlle (choiva de meteoritos) ou algo polo estilo, astronomía é moi xenérico, e na Galipedia (polo menos nos artigos de astronomía) hai moito abuso á hora de por este "tipo de aclaracións", xa que ó final é todo astronomía, ademais canta moito ver un artigo coa "aclaración" (astronomía) dentro dunha subcategoría dunha subcategoría de Astronomía. E aínda máis, poderíase por unha liña referenciando esta posible 'desambiguación', algo coma: para referencias ó rei de Esparta ir ó artigo (ou lista): Artigo tal que tal. Así as choivas de meteoritos gardan un formato, darse conta que hai 40-50 choivas distintas, e dicir son moitas, o mellor sería facer homónimos coas que desen algún problema e garda-lo formato das mesmas.--Xabier Cancela (fálame 18:04, 28 de novembro de 2010 (UTC)

-Se queda o nome tal coma está meu voto é:

A páxina de homónimos xa está feita, agora só resta mover isto a Leónidas (choiva de meteoros). Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:45, 28 de novembro de 2010 (UTC)

Entón movese? a Leónidas (choiva de meteoros)? fixo?--Xabier Cancela (fálame 22:12, 28 de novembro de 2010 (UTC)

Parabéns, xa era hora (polo menos unha na que me "impliquei") que unha páxina de conversa servise para o seu fin, mellora-lo seu artigo. ;) --Xabier Cancela (fálame 23:00, 28 de novembro de 2010 (UTC)

  • Parabéns a ti Xabier, e se as outras páxinas de conversa tardan é porque todos estamos dándolle duro nos nosos campos, non porque non leamos o que dis. --Atobar (conversa comigo) 23:04, 28 de novembro de 2010 (UTC)