Conversa:Lahar

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Teño as miñas dúbidas que en galego sexa correcto coada de barro, máis ben parece tomado do castelán colada de barro. Nos dicionarios galegos coada aparece con outras acepcións pero non con esta da RAE: Masa de lava que se desplaza, hasta que se solidifica, por la ladera de un volcán. En portugués é escoada pero non sei se esa forma é correcta en galego para este significado. En todo caso o artigo débese mover a Lahar xa que é un termo específico utilizado nas publicacións especializadas.--Arco de Rayne 14:13, 4 maio 2008 (UTC)

  • O vocabulario de xeografía da USC dá como equivalente ao castelán colada as formas galegas coada e corrente, polo que parece que si é correcto coada con ese significado [1].--Arco de Rayne 14:26, 4 maio 2008 (UTC)