Conversa:Lagosta (crustáceo)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Á vista da nova redacción da páxina de homónimos Lagosta, creo que cumpriría cambiar o título desta polo de Lagosta común (porque é a que máis coñecemos —de vista—) ou talvez polo de Lagosta europea (por ser a propia dos mares deste continente).
En todo o caso, o título Lagosta (crustáceo) parece ben pouco acaído, xa que tanto a Lagosta moura como a Lagosta verde (as outras lagostas que teñen páxina na Galipedia nestes momentos), tamén son crustáceos (e da mesma familia, incluso do mesmo xénero).--XoioÉche o que hai 9 de xaneiro de 2013 ás 01:39 (UTC)[responder]