Conversa:Lévedo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Preguntome é lévedo ou é fermento?--Alfonso Márquez 10:57, 20 decembro 2009 (UTC)

  • Fermento ou formento é máis que lévedo e só son sinónimos parciais: todo lévedo é fermento pero non todo fermento é lévedo. Lévedo é un cultivo de levaduras que se engade á masa para fermentar. Fermento é calquera substancia orgánica que se engade para fermentar, e inclúe aquel lévedo así como tamén a masa nai de fariña que deixaron de onte para cocer hoxe, o callo (vexetal ou animal) co que se calla o leite ou o cultivo co que se sementa para facer iogur, e ningunha destas últimas cousas é lévedo. Pedro --Lameiro (conversa) 13:15, 20 decembro 2009 (UTC)
Segundo o DRAG a substancia orgánica é fermento ou formento pero a masa de fariña fermentada é fermento, formento, lévedo ou requento. Se entendo ben, o artigo é sobre o a substancia orgánica (os fungos) logo tería que se titular fermento ou formento e non poñelo como sinónimo de lévedo, que como di Lameiro o só é cultivo deses fermentos e a a masa fariñeira que se pode formar, non é?--HacheDous=0 (conversa) 14 de setembro de 2021 ás 09:09 (UTC)[responder]