Conversa:Kaaba

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

As palabras árabes están mal transcriptas en varios casos. Non se pode pasar dunha transcripción inglesa ou francesa a unha transformación en galego así por así. En España houbo unha escola propia que fixo unha adaptación do alifato árabe; é bastante clara e sinxela, pero non está adaptada a un teclado corrente; o portugués José Pedro Machado ten unha adaptación a teclado simple, pero non está suficientemente espallada. O x palatal noso pode transcribir a letra shin (é dicer sería xin para nos) puidendo entón transcribir nós p.ex. xams "sol", como se fai nalgúns sistemas portugueses, pero usar o x para transcribir outros fonemas só introduce confusións. O autor transcribe a "pedra negra" da Kaaba como Haxar el Aswad; pódese observar que Haxar "pedra, rocha" está talvez adaptando un anterior Hajar, que en todo caso sería preferíbel transcribir como *Hayar, e pode confrontarse con a transcripción do árabe para o topónimo Guadalaxara: Wādī al-Ḥaǧārah: "río das pedras", no que se oferece unha transcripción máis erudita, e o fonema en cuestión xurde como /ǧ/. Ademais aínda que se puidese obxectar que /j/ ou /y/ non existen en galego, habería que ter en conta que tampouco existe /w/ e se manten en Aswad "negro, negra", que coherentemente, nun sistema galego, tería que ser *Asuad. A regra de actuación debería ser que é preferíbel manter un sistema estranxeiro de transcripción coherente. A cousa é diferente para palabras xa adoptadas no noso sistema, p.ex. héxira, Guadalaxara. Se alguén sabe árabe a un nivel decente debería botarlle un vistazo a adaptacións deste tipo que descrebimos. - ip 213603030