Conversa:Intestino groso

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Vexo dous problemas neste artigo:

  • Considérase o cego como unha parte do colon, o cal contradí tódolos libros de anatomía que manexo, de modo que divide o intestino groso en colon e recto: "O intestino groso é a penúltima porción do tubo dixestivo, formada polo colon e o recto. ... A primeira e maior parte do intestino groso chámase colon". Que eu saiba, o intestino groso componse de cego, colon e recto.
  • O título do artigo non se corresponde co contido xa que, en definitiva, só fala do colon, salvo algunha mención á situación relativa desta parte do intestino respecto a outras vísceras. No pé da primeira fotografía queda clara esta confusión: "Localización do intestino groso ou colon no abdome", como de intestino groso e colon fosen unha mesma cousa. Pode que sexa iso o que quere dicir esa primeira frase de que "O intestino groso é a penúltima porción do tubo dixestivo", dando por suposto que se o colon é a penúltima, o recto sería a última. En calquera caso, o intestino groso non é a penúltima porción de nada.

Antes de metertlle man, gustaríame confirmar que os meus coñecementos de anatomía seguen estando hoxe vixentes. Espero opinións. Pedro --Lameiro (conversa) 16:20, 6 de marzo de 2011 (UTC)

Non necesitas a venia de ninguén, mételle o dente, está claro que falas do que sabes e inda por riba tes boas referencias. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:07, 6 de marzo de 2011 (UTC)

  • Feito! Feito! Movidos os contidos ó novo artigo colon. Pedro --Lameiro (conversa) 23:15, 20 de agosto de 2011 (UTC)