Conversa:Imán (relixión)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Se este personaxe musulmán é "imam" ¿por que en todo o artigo se utiliza só a forma "imán"? No VOLGa só aparece esta segunda forma, con dúas entradas (unha, pedra; da outra non especifica nada). No DRAG só significa o obxecto que imanta. No IR Indo, as dúas acepcións veñen como "imán". En conclusión, se ninguén xustifica a forma "imam" utilizada no título, haberá que renomear o artigo. Pedro --Lameiro (conversa) 18:23, 10 novembro 2008 (UTC)

En moitas linguas se usa a palabra imam, conservando o M, ademais vén de imām. É máis correcto, ortograficamente, escribir unicamente imán, mais expresa algo tan alleo a nós e tan propio de outros lugares que vexo ben a palabra imam como sinónima dun dos dous significados que ten imán. Existen páxinas que ligan a imam, mentres que a imán chégase, maiormente, por páxinas de contido científico, e énos máis cómodo chamarlle ao artigo imam que imán (relixión), imán (islam), imán (xiíta); por iso lle chamei así ao esbozo este. Tamén vexo que estes argumentos, diante dun dicionario, van a misa, e pode ser un erro moi grande a palabra imam. Non ten feminino, o plural sería imáns, imames?. Eu só opino, para crear conversa, pero organizade o imán como vexades. 83.165.42.54 03:25, 28 novembro 2008 (UTC)

Aínda que efectivamente algunhas deses razonamentos prácticos poidan estar no certo (non, dende logo, coa frase algo tan alleo a nós e tan propio de outros lugares), os dicionarios deben ser a fonte básica. No de Ir Indo (2006), que é bastante recente, actualizado, completo e normativo, recóllese imán1 e imán2, e o segundo é este. Vou mover o artigo, pois. --Xabier Cid Conversa 12:38, 28 novembro 2008 (UTC)