Conversa:Idade Media

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alguén se trabucpou e borrou o contido do artigo --Adalbertofrenesi(talk) 18:34, 11 Mar 2005 (UTC)

  • Hai unha caixa de navegación "Historia da Galiza" que penso que non deberia estar aqui. Este é un artigo sobre a Idade Media, un periodo da história de europa, e se se quer falar sobre a história de Galiza durante ese período deberia ser nun artigo intitulado "Historia da Galiza - Idade Media" ou semellante. --Xosé (✉) 21:11, 28 novembro 2005 (UTC)

Ola! Que vos parece se facemos a traducción do castelán, eu no me importaría nesta semana santa traducir a metade, e con un pouco de axuda vosa poderíamos facer un bo artigo.

Expresade a vosa opinión por favor...

Davisuke Davisuke 15:39, 25 febreiro 2010 (UTC)25/02/2010Davisuke 15:39, 25 febreiro 2010 (UTC)

Eu non son partidiaro de quita-lo noso artigo por unha tradución doutra wikipedia. Si que se pode completar con datos doutras wikipedias (con fontes a ser posible) ou de publicacións, creo que é o mellor xeito de mellora-lo noso artigo, sen cambialo polo artigo castelán. --Alberte Si, dígame? 19:23, 25 febreiro 2010 (UTC)
O noso artigo non se pode dicir que sexa embrionario, é mellorable e ampliable. De tódolos xeitos o que hai ten unha pinta máis que boa. Hai material dabondo polo mundo adiante para seguir traballando en este tema. Haberá que encontrar a alguén que se anime. --Xoacas(Góstache o pemento?) 20:50, 25 febreiro 2010 (UTC)

Davisuke, o artigo que hai eiquí ten información válida que non se pode quitar, o que lle pasa é que está un pouco escuchimizado para o que podería ser. O que se podería facer é conseguir que engorde achegando información doutros lugares. Un xeito doado é traducir as partes do artigo en castelán que podan complementar os apartados que faltan no noso artigo. Pero hai que andar con tino de non traer para aqui información que non sexa correcta ou que non se poda verificar. Ánimo, mételle o dente que este artigo ten moito zume!. E non te preocupes por romper as cousas que aqui non se perde nada, ou case nada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16:29, 8 de marzo de 2011 (UTC)

De acordo, para dentro de 2 semanas empezarei a buscar información sobre este tema para completalo.

Saúdos!—o anterior comentario sen asinar foi feito por Davisuke (conversacontribucións)

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas