Conversa:Iaosi

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

alguén pode explicar cal é a regra que se emprega aquí para galeguizar palabras chinesas? non se pode aplicar o procedimento simplista xaponés "j" de "judo" > galego "i" de "iudo" a todo, ou si?


  • Ola, é unha mágoa que non asines a túa mensaxe. En primeiro lugar, o xaponés non ten 'j', senón que esa é unha transcrición inglesa, e tamén española, dun son xaponés. A transcrición inglesa deste prato tamén emprega 'j', pero non é o mesmo son, para empezar porque despois non vén un 'u' senón un 'i'.
son Neal pero non me lembro da contraseño. en todo o caso, o "j" non é unha letra inglesa, senón unha letra do alfabeto latin empregue na transcición scientífica estándar habitual "romaji".

Non hai regras establecidas para a transcrición dos diferentes chineses ao galego. Eu opto por facer a transcrición a partir de como pronuncian os meus amigos chineses, neste caso falantes de madarín, e ademais incluír a transcrición inglesa como secundaria, para axuda de navegantes. --Xabier Cid 12:06, 30 novembro 2006 (UTC)

pois o pinyin "j" non soa NADa como "i" en galego...
  • Ben, e a túa proposta é?--Xabier Cid 14:27, 30 novembro 2006 (UTC)

--Xosé (✉) 15:10, 30 novembro 2006 (UTC)

  • o que non entendo é porque se empeñan algunhas persoas en quereren reinventar un sistema de romanización especificamante deseñado para o galego para galueguizar ortigraficamente elemntos que non están integrados na lingua ao existiren xa varios sistemas de romanización intrenacionais e recoñecidos polo mundo inteiro. de momento propría simplemente que alqueles eleemntos non integrados na lingua galega se transceben segundo as normativas de romanización dominantes internacionalmente vixentes (pinyin para o chinés, por exemplo). aforraría traballo, gañaría en clareza e ficaría máis fiel á prouncia real na lingua de partida. outra cousa moi diferente é, por suposto, como galeguizar ortograficamente aqueles elementos estranxeiros que si forman parte da lingua galega Neal
    • Perdoa, Neal. Estes dias alguén propuña que Chekhov se escribise Cheghov ou algo asi. Non lembro a páxina na que está. Até que relin esta páxina pensei que érades a mesma persoa e que andaba dando bandazos. Penso que concordo con boa parte do que dis e que o máis problemático vai resultar, precisamente, "galeguizar ortograficamente aqueles elementos estranxeiros que si forman parte da lingua galega". Por iso as miñas ligazóns van a sitios con certa autoridade internacional - como referencia. Non pretendo, por suposto, reinventar un sistema de romanización. Hai que utilizar os xa establecidos (mesmo se están baseados nas características de linguas moi concretas). --Xosé (✉) 18:31, 30 novembro 2006 (UTC)
      • Non pasa nada - a culpa foi miña por non ter asindao. non o podías saber.Neal