Conversa:Homosexualidade

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

A partir da última edición da definición da homosexualidade, na que, no campo de resumo, o usuario se preguntaba se se trataba dunha edición vandálica, non está de máis despexar a dúbida e prestarlle un pouco de atención a este tema, obxecto de frecuentes edicións infrutuosas:

  • Dun xeito científico e, polo tanto, obxectivo, a homosexualidade é unha orientación sexual, se a estudamos dende un punto de vista psicolóxico ou sociolóxico, ou ben a interacción ou atracción sexual, emocional, sentimental e afectiva entre individuos do mesmo sexo, se a estudamos dende o punto de vista da conduta.
  • Tamén é certo que, de xeito acientífico e, polo tanto, subxectivo, en textos relixiosos e propagandísticos tense cualificado a homosexualidade de desviación, aberración, doenza mental, rareza, perversión, parafilia, comportamento asocial e outros cualificativos establecidos dun xeito paracientífico. Porén a subxectividade destas ideas e o seu emprego tendencioso fanas pouco merecedoras de ocupar espazo nunha obra enciclopédica.

Queda dito como nota previa que poida axudar a futuras edicións sobre este particular. --Xoacas(Góstache o pemento?) 20:54, 6 febreiro 2010 (UTC)

    • Velaí unha argumentación clara e meridiana que debería evitar futuros cambios vandálicos (sen dúbida, vandálicos). Engado eu que colocar á par as dúas teorías, polo simple feito de que a segunda teña defensores, sería caer no maior dos absurdos. Pedro --Lameiro (conversa) 21:02, 6 febreiro 2010 (UTC)

É necesario afirmar que a exposición dun punto de vista non pode ser considerado un acto de vandalismo, polo tanto para despexar calqueira tentativa de desinformación cabería destacar o seguinte:

  • Dun xeito científico, a homosexualidade, independentemente da súa definición, acerca da cal se podería acadar un consenso, é considerada unha desviación sexual por algúns autores e unha orientación sexual por outros.
  • Certos grupos de interese, así como algunhas persoas levadas polo efecto de arrastre, poden rexeitar a primeira destas consideracións por diversos motivos.

Pregaría un mínimo de madurez, librepensamento e prudencia.

De forma xeral, e como xesto de cortesía aos compañeiros, prégase que quen participe deixe constancia da súa identidade ou alcume mediante a súa signatura. Falar con alguén non é o mesmo que falar con ninguén. --Xoacas(Góstache o pemento?) 02:25, 7 febreiro 2010 (UTC)

Actualidade[editar a fonte]

Cumpría actualizar a listaxe de países onde xa está legalizado o matrimonio entre persoas homosexuais. Non só Portugal, tamén coido que Noruega entrou no grupo. --Atobar (conversa comigo) 23:03, 22 de maio de 2010 (UTC)

Jonathan[editar a fonte]

Non teño nin idea de como é a forma galega do nome Jonathan. Se alguén pode botar unha manciña mellor. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 22:33, 16 de xuño de 2010 (UTC)

Igrexa Vétero-Católica[editar a fonte]

Quero facer unha referencia á doutrina dun grupo relixioso que en portugués é coñecido como Igreja Vétero católica e en inglés como Old Catholic Church. A cuestión é que non teño a menor referencia de cal pode ser a denominación deste grupo en lingua galega, nin sequera sei se tal denominación se chegou a acuñar. Calquera axuda neste sentido será de agradecer. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 14:58, 22 de xuño de 2010 (UTC)

En español vale Iglesia Católica Antigua ou Iglesia Veterocatólica, en portugués Igreja Vétero católica; por tanto a denominación Igrexa Vétero católica parece perfectamente válida en galego ao aceptárena estas dúas linguas próximas. --Xoán Carlos Fraga 15:16, 25 de xuño de 2010 (UTC)

Outra dúbida do mesmo tipo sobre o termo castelán donjuanismo que emprega o tradutor de Jung ao castelán, e que eu traducín de xeito provisional como donxoanismo. Calquera axuda é benvida. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:56, 24 de xuño de 2010 (UTC)

É mellor coller o préstamo directo donjuanismo, así o fai o dicionario Xerais castelán-galego, e a lingua portuguesa tamén (o Don Juanismo).--Xoán Carlos Fraga 15:16, 25 de xuño de 2010 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Homosexualidade. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 25 de agosto de 2018 ás 11:12 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Homosexualidade. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de setembro de 2018 ás 01:24 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (xullo 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Homosexualidade. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 6 de xullo de 2019 ás 02:53 (UTC)[responder]