Conversa:Home de Neandertal

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Home de Neanderthal»)

Untitled[editar a fonte]

Penso que o título debera ser Home de Neandertal, é como se escribe na maioría das linguas, e non vexo razón para que sexa do no canto de de.--Rocastelo 21:09, 2 setembro 2005 (UTC)

Estou de acordo, deberá ser home de Neanderthal. O emprego de Home do Neanderthal débese a un uso exaxerado de poñer artigo en todo por hiperenxebrismo ou hipergaleguismo.--Xoán Carlos Fraga 21:28, 2 setembro 2005 (UTC)

A verdade é que lle mantiven o mesmo nome ao traducir da wiki portuguesa, de todos os xeitos, non están claros os criterios en que vos baseades (tampouco os meus para mantela). O debate (por certo, por qué se lle chama a estas páxinas "discusion" se é debate (ou conversacion ou parola ou ..), discusion (polo menos en castelán) ten outro significado) pode ser interesante, sinto non estar de acordo coa vosa proposta, pois 1) en canto ao "th", ¿porque non imos respetar a forma orixinal?, tampouco escribimos "xespir" 2) en canto ao uso do artigo: é moi frecuente no galego, así como no portugues (no cal tamén tén esta paxina o mesmo nome). A min soname mellor tal e como está, coido que "Home de Neandertal" sería unha "ultracorreccion", quizais influenciado pola educacion escolar castelá que todos temos. 3)en calquer caso, non hai criterios para polo da outra forma. Un saúdo e a ver se acadamos a partir deste debate ter un criterio claro. --XoseL 21:22, 6 setembro 2005 (UTC)

  • Isto é máis un parladoiro e non unha discusión, niso estou de acordo contigo. En relación ao nome orixinal, é certo que na grafía alemá da época era Neanderthal (Val de Neander) (pronunciado Neandertal, non á inglesa) e de aí pasou ao nome científico, hoxe o nome alemán é Neandertal, e manter Neanderthal crea confusión, a pronuncia é Neandertal e ao velo escrito con th tendemos a pronuncialo á inglesa, o que é incorrecto. (por certo dentro do artigo aparece Neandertal, o que é incoherente co título)

En relación a do ou de, non é como nos sone mellor, senón que é o correcto, cando utilizarmos o artigo e cando non, eu non son lingüísta, tería que revisar as fontes para buscar as regras de colocación de artigos, sei que entre os colaboradores hai algún lingüísta, e sen dúbida a súa opinión sería moi interesante.--Rocastelo 21:50, 6 setembro 2005 (UTC)

  • Eu tampouco son lingüista pero na miña opinión é de, segundo o dicionario:
do Resultado do encontro da preposición de e mais o artigo o. (neste caso tería que ser resultado de Home de + o Neanderthal, non parece que sexa o caso)
de (escollo só algunhas das definicións)
  1. Denota posesión ou pertenza
  2. Indica orixe ou procedencia
  3. Indica separación dun límite
  4. Indica transformación a partir dun elemento
e continúa ata 38 acepcións
estamos no segundo caso Home de Neardenthal. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:00, 6 setembro 2005 (UTC)
  • Por certo acabo de mirar o artigo portugués e penso que estás errado, aparece Home de Neandertal dentro do artigo, e como título de páxina Neandertal, non aparece ningún Home do Neandertal--Rocastelo 22:03, 6 setembro 2005 (UTC)
  • A verdade é que xa non sei logo de onde collín o nome, pero o que si sei é que non o inventei.

En calquer caso: despois de darlle voltas, coincido convosco en que me sona mellor "Home de Neanderthal" que "Home do Neanderthal", así que vos propoño: 1)mover a paxina a "Home de Neanderthal"

2)criar como links as paxinas "Home de Neandertal", "Neanderthal", "Neandertal" e "Homo Neanderthalensis".

3) que alguén mude "discusión" por "parrafada" ou algo similar, discusion semella anglicismo.

un saúde.--XoseL 19:16, 7 setembro 2005 (UTC)


  • Voto pola resolución proposta por XoseL (1 e 2) (e eliminar o título actual). Para 3) prefiro "Debate", que é a idea desta páxina. Xosé (✉) 19:32, 7 setembro 2005 (UTC)
  • Para mudar o nome das páxinas discusión hai que propoñelo na Taberna (propostas).--Rocastelo 19:44, 7 setembro 2005 (UTC)


  • Outra vez o dicionario:
discusión
  1. Acción e efecto de discutir
  2. Confrotación de puntos de vista sobre aspectos distintos dun tema, en particular para chegar acordo ou trato
  3. Altercado ou confrontación, con violencia e ás veces física, entre varias persoas.
discutir
  1. Examinar con detalle un asunto entre varias persoas, manifestando e defendendo cada unha o seu punto de vista para chegar a un acordo
  2. Ter unha opinión contraria a outra dita por outra persoa
  3. Soster opinións opostas nunha conversa
  4. Expresaren dúas ou máis persoas as súas opinións sen chegaren a un acordo; cpontender, disputar
  5. Rifaren dúas ou máis persoas; berrar
Penso que o nome discusión reflicte claramente o sentido destas páxinas e é coherente cos nomes usados noutras wikipedias (aínda que o segundo non é imprescindible), en todo caso para modificar o nome se a comunidade o decide hai que usar Wikipedia: A Taberna (propostas) para realizar a votación. Non se pode decidir na páxina de discusión dun artigo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:51, 7 setembro 2005 (UTC)

Aviso de CommonsTicker[editar a fonte]

As seguintes imaxes foron eliminadas de Commons ou marcadas para borrar. Por favor elimine os enlaces ás imaxes borradas no artigo, ou participe na discusión sobre o destino final da imaxe en Commons. Esta é unha mensaxe automática de CommonsTicker.

125.201.186.167 engadiu o marcador de borrado No license en Image:Neanderthaler-Woman.jpg: {{subst:nld}};

-- CommonsTicker 06:13, 5 febreiro 2007 (UTC)

Aviso de CommonsTicker[editar a fonte]

As seguintes imaxes foron eliminadas de Commons ou marcadas para borrar. Por favor elimine os enlaces ás imaxes borradas no artigo, ou participe na discusión sobre o destino final da imaxe en Commons. Esta é unha mensaxe automática de CommonsTicker.

Vugluskr engadiu o marcador de borrado Delete en Image:Neanderthaler-Woman.jpg: Five days passed. Deletion request.(diff);

-- CommonsTicker 18:15, 7 febreiro 2007 (UTC)

Aviso de CommonsTicker[editar a fonte]

As seguintes imaxes foron eliminadas de Commons ou marcadas para borrar. Por favor elimine os enlaces ás imaxes borradas no artigo, ou participe na discusión sobre o destino final da imaxe en Commons. Esta é unha mensaxe automática de CommonsTicker.

Samulili eliminou Image:Neanderthaler-Woman.jpg: Copyvio - screenshot from BBC TV, "Walking with Beasts", www.themakeupgallery.info/fantasy/hominid/mjadvert.htm;

-- CommonsTicker 06:15, 1 marzo 2007 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Home de Neandertal. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 25 de agosto de 2018 ás 11:01 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Home de Neandertal. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de setembro de 2018 ás 01:16 (UTC)[responder]