Conversa:Historia dos xudeus de Tesalónica

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Non sei se a denominación Salónica é correcta (supoño que si), pero se cadra deberiamos cambiar o título a "Historia dos xudeus de Tesalónica", xa que o artigo sobre a cidade é Tesalónica. En caso de decidir cambialo habería que substituir todos os Salónica por Tesalónica (se cadra un bot o pode facer, non sei). Outro motivo é que aparece tesalonicenses en lugar de salonicenses (que non sei se os dous son correctos). Piquito (conversa) 29 de outubro de 2014 ás 22:48 (UTC)[responder]

Segundo acabo de mirar Salónica e Tesalónica son o mesmo, e tesalonicense e salonicense tamén así que non hai que cambiar o nome. O que si habería que facer no artigo sería cambiar tesalonicense por salonicense para non liar á xente, creo eu. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de outubro de 2014 ás 01:58 (UTC)[responder]
Usuario:Piquito, como ben di Elisardo, son o mesmo. A RAG admite ambas formas. Porén, en grego, o "Thessaloniki" é a forma oficial e "Saloniki" a variante popular. Optaría por isto mesmo por "Tesalónica", nome completo, e en consecuencia, "tesalonicenses". É un pouco como o caso de "A Coruña"/"Coruña", sendo o segundo amplamente usado mais sen constituir nome oficial. Saúdos! --Norrin (Fálame) 30 de outubro de 2014 ás 11:42 (UTC)[responder]
Persoalmente eu prefiro Tesalónica porque é como aparece no título do artigo da cidade, polo que me parece máis coherente, pero como querades. Piquito (conversa) 31 de outubro de 2014 ás 14:48 (UTC)[responder]
Eu movería a "Tesalónica". --Norrin (Fálame) 3 de novembro de 2014 ás 14:11 (UTC)[responder]
Movo a Tesalónica conforme artigo principal. --Norrin (Fálame) 6 de novembro de 2014 ás 13:51 (UTC)[responder]
Por coherencia, unifico o texto en Tesalónica. Pedro --Lameiro (conversa) 30 de decembro de 2015 ás 22:19 (UTC)[responder]

Dúbida lingüística[editar a fonte]

No artigo aparece a palabra "xudíos"... é correcta? Eu sempre pensei que era "xudeus", pero se cadra tamén é correcto "xudíos", en caso de que as dúas sexan correctas habería que decidir cal empregamos e poñer sempre o mesmo. Piquito (conversa) 29 de outubro de 2014 ás 22:48 (UTC)[responder]

No dicionario en liña da RAG só aparece xudeu, xudeo- aparece como prefixo únicamente. "Xudíos" non aparece polo que penso que non debe ser correcto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de outubro de 2014 ás 01:58 (UTC)[responder]
Por certo que o feminino si que é "xudía". --Norrin (Fálame) 30 de outubro de 2014 ás 11:43 (UTC)[responder]

Asquenacíes e trala[editar a fonte]

O DRAG dá como plural de sefardí, sefardís. En consecuencia, supoño que o plural de asquenací será será asquenacís. Isto hai que confirmalo, e en caso de ser así haberá que cambiar todos os asquenacíes do texto por asquenacís. Outra cousa que haberá que unificar é trala (tras + a) e tras a. Aparece trala no cabezallo, pero despois en moitas partes do texto aparece tras a.--Miguelferig (conversa) 15 de novembro de 2014 ás 10:38 (UTC)[responder]

Converto todas as formas tralo/trala en tras o e tras a. Estas últimas formas eran as máis usadas no texto (aínda que por pouco: 5 trala e 2 tralo, fronte a 6 tras a e 3 tras o. Pedro --Lameiro (conversa) 30 de decembro de 2015 ás 22:19 (UTC)[responder]

Cambio de título da entrada[editar a fonte]

Boas! Quería propoñer o cambio do título da páxina cara a un título máis neutro (o actual fai referencia aos xudeus, en masculino). A proposta é mudar o nome da páxina a Historia da comunidade xudía de Tesalónica (do mesmo xeito que Historia da comunidade xudía de Monforte de Lemos), xa que a comunidade xudía refírese tanto a homes como a mulleres. Un saúdo! Piquito (conversa) 11 de novembro de 2016 ás 12:52 (UTC)[responder]

Discordo Xudeus é a forma do plural para referirse a un conxunto de persoas nas que hai tanto homes coma mulleres. --AMPERIO (conversa) 11 de novembro de 2016 ás 12:55 (UTC)[responder]
AMPERIO, o que dis está ben, pero esta proposta vai encamiñada a eliminar a linguaxe sexista, do mesmo xeito que se modificou o título de "xudeus" por "pobo xudeu". Piquito (conversa) 11 de novembro de 2016 ás 12:58 (UTC)[responder]
Iso é o mesmo que o de miembros e miembras... Non é linguaxe sexista, é querer ver discriminacións onde non as hai. Se nos poñemos así deberíamos revisar toda a lingua, tanto galega como castelá, para que todo sexa neutro. --AMPERIO (conversa) 11 de novembro de 2016 ás 13:00 (UTC)[responder]
Ademais que na primeira liña xa queda claro que se refire a toda a comunidade non só aos homes. --AMPERIO (conversa) 11 de novembro de 2016 ás 13:12 (UTC)[responder]
Discordo. O uso do plural xenérico masculino non representa ningunha discriminación ou a oposición entre o masculino e o feminino, senón que se refire tanto a homes como a mulleres. Dende o punto de vista lingüístico, atopo artificioso empregar comunidade xudía no canto do xenérico xudeus, non só no título, senón no redactado deste e doutros artigos. Deberíamos erradicar o plural xenérico nos títulos e no redactado da Galipedia? Eu non estou de acordo. Deberíamos cambiar o título de Pobo xudeu (masculino) por Comunidade Xudía (feminino)?? E de pobo galego por comunidade galega??? Para min non ten xeito facelo. Se digo que no meu barrio hai moitos gatos, non estou dicindo que todos sexan machos, iso enténdeo todo o mundo. A lingua é así, e non é correcto maquillala seguindo unha "moda de corrección".--Breogan2008 (conversa) 11 de novembro de 2016 ás 13:46 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 10 ligazóns externas en Historia dos xudeus de Tesalónica. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 25 de agosto de 2018 ás 10:33 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Historia dos xudeus de Tesalónica. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 25 de setembro de 2018 ás 22:28 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (decembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 12 ligazóns externas en Historia dos xudeus de Tesalónica. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 14 de decembro de 2019 ás 14:30 (UTC)[responder]