Conversa:Historia de Exipto

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

  • Eliminado do artigo porque xa aparece en páxinas específicas:

A historia do Antigo Exipto dividese en dez períodos distintos, non incluindo a súa prehistoria:

  1. Período predinástico (Antes de 3100 a.C.)
  2. Período Arcaico ( e dinastias)
  3. Antigo Imperio (da 3ª á 6ª dinastias)
  4. Primeiro Período Intermédio (da 7ª á 11ª dinastias)
  5. Imperio Médio (12ª e 13ª dinastias)
  6. Segundo Período Intermédio (da 14ª á 17ª dinastias)
  7. Imperio Novo (da 18ª á 21ª dinastias)
  8. Período Líbio (da 22ª á 25ª dinastias)
  9. Período Tardio (da 26ª á 30ª dinastias)
  10. Período Ptolemaico (304 a.C. - 30 a.C.)
  11. Imperio Romano (31 a.C. - 337 d.C.)
  12. Época Copta (337 - 641)
  13. Conquista Árabe (641)

As mudanzas de período indican épocas de axitación política e social.

Período predinástico[editar a fonte]

O máis antigo indivíduo "momificado" data de preto de 3300 a.C., aínda que non sexa unha verdadeira momia. O corpo está patente no Museo Británico e recebeu a alcuña de "Ginger" por ter cabelo ruibo. O Ginger foi enterrado nas areas quentes do deserto, talvez con algunhas pedras empilladas sobre o cadáver para evitar que este fose comido por chacais. As condicións quentes e secas disecaron o corpo, evitando que os músculos e os tecidos moles se decompuxesen. O Ginger foi enterrado con alguns recipientes de ceramica, que terian contido comida e bebida para sustentar o morto na longa viaxe ata ao outro mundo. Non existen rexistos escritos sobre a relixión ou deuses do tempo, e non se sabe se era intención dos entigos exípcios que o corpo fose preservado. Sabese apenas que cando comezou a 1ª Dinastia xa os exípcios tiñan os seus costumes estabelecidos.

Período Arcaico[editar a fonte]

O máis antigo faraón da 1ª Dinastia que se coñece foi Menes. Coñecemos o seu nome porque está escrito nunha paleta usada para a maquiaxe (só os homes usaban maquiaxem). As práticas funerarias dos camponeses terian sido as mesmas dos tempos predinásticos, mais os faraóns merecian algo mellor. Para eles inventouse a tumba en Mastaba (esta palabra provén da palabra exípcia moderna para "banco", porque á distancia se asemellan a un banco de lama). Nunha tumba en mastaba, era escavada unha camara profunda, que era despois revestida con pedra, tixolos de lama ou madeira. Na superficie, a lama era empillada e ficaba marcando o local unha forma semellante a un croquete. Aínda que isto resultase nunha tumba moito maior, tamén resultaba nunha tumba moito máis fresca. O cadáver tiña tempo para se decompor e apodrecer. E este feito iría preocupar os sacerdotes primitivos, que tiñan teorias moito claras acerca do Ka e do Ba do falecido. O Ka era aquilo a que hoxe chamaríamos o espírito, e era unha parte esencial da persoa, quer ainda viva, quer despois de morta, se ben que só despois da morte o Ka pasase a ser encarado como unha entidade. O Ba da alma é máis semellante a un fantasma. Era a parte da alma que vagueaba pola terra, composta polo Ka e polos restos físicos do corpo. A ausencia de portas nas tumbas (ou, polo menos, a ausencia de portas reais en contraponto ás que eran pintadas nas paredes) pode indicar que os antigos exípcios pensaban que o Ba podia atravesar material sólido. Nunha tentativa de preservar os corpos dos faraóns falecidos, eran envolvidos en ligaduras e enrolados en posición fetal, mais nada podia evitar que se decompuxesen.

Antigo Imperio[editar a fonte]

(Vexa a Historia da 3ª Dinastia)

Por volta da 4ª Dinastia, a arte do embalsamamento tivo o seu inicio. Mais antes, unha nota de cautela sobre embalsamamento, momificación e preservación:

Embalsamar e momificar, na esencia, son a mesma coisa. Embalsamar (do latín in balsamum, que significa "por en bálsamo", que é unha mistura de resinas aromáticas) é moito semellante ao proceso de momificación no sentido en que os cadáveres son untados con unguentos, óleos e resinas. A palabra múmia provén dun mal-entendido acerca do proceso. Os corpos mal embalsamados (do Período tardio) son con frecuencia negros e moito quebradizos, e pensouse que tiñan sido preservados por imersión en betume, sendo que a palabra árabe para betume é mumiya.

Existen moitas técnicas modernas para embalsamar un corpo, mais nenguña estaba disponible no tempo dos antigos exípcios (conxelamento, salmoeira, etc.). O único método que coñecian era a secaxe do corpo na area quente, o que deixaba o corpo bastante diferente dun corpo vivo e o transformaba nun local non moito apropriado para o Ka. Esa tamén non era unha maneira moito referente para tratar o faraón. Mais a resposta para estes problemas veo do Nilo.

O Nilo ten cheias anuais. Sen el, o Exipto non seria máis do que un deserto atravesado por un río. As inundacións trouxeron ás marxes do río a arxila indispensable para tornar as terras férteis. Alén diso, cando a chea recua deixa ficar atrás de si pozas de auga que secan ao sol e que, cando evaporon por completo, deixan o solo coberto por unha substancia cristalina branca, chamada natro. Unha análise moderna desta substancia revelaa unha mistura de bicarbonato de sodio e sulfato de sodio ou carbonato de sodio con cloreto de sodio (sal). A calidade máis notable desta substancia é a súa elevada hidroscopia. Atrai e absorbe humidade. Alén diso, tamén é un pouco antiséptica. No Reino Antigo xa se coñecian as propriedades antisépticas do natro, e os órgóns internos da raiña Hetepheres foron retirados do corpo e colocados nunha solución de natro (de preto de 3%), mais cando a caixa foi aberta contiña apenas lama. As primeiras tentativas de momificación foron fallanzos completos, e isto era recoñecido polos embalsamadores, que trataron de preservar a forma do corpo, o que ficeron envolvendo-o en ligaduras embebidas en resina. Tornaranse tán bons nesta arte que un exemplar da 5ª dinastia, un músico da corte chamado Waty, ainda mostra detalles de verrugas, calos, rugas e características faciais.

A moda seguinte nas tradicións funerarias comezou con unha Mastaba glorificada. O arquiteto desta edificación construiu seis Mastabas cuadradas, cada unha un pouco menor que a anterior, empilladas unhas sobre as outras. O arquiteto deste edificio revolucionario foi Imhotep e o faraón para quen o túmulo foi construído chamouse Zoser (ou Dxoser). Zoser pode ter sido o primeiro faraón da 3ª dinastia, mais este feito non está confirmado. O deseño de Imhotep é actualmente coñecido como piramide de degraus, e é encarado como protótipo para as piramides posteriores. Imhotep debe ter sido un home fora do comun. Nunha terra onde o faraón era a personificación viva de Deus, a grandeza do arquiteto foi recoñecida mesmo no seu próprio tempo (algo a que moitos xénios non tiveron o pracer de asistir) e foi-lle atribuído o título de "Chanceler do Rei do Baixo Exipto, Primeiro Despois do Rei do Alto Exipto, Administrador do Grande Palacio, Nobre Hereditario, Sumo-Sacerdote de Heliópolis, Xefe Construtor, Escultor e Facedor de Vasos". É un título e peras para calquer época.

Un parénteses sobre o Baixo e o Alto Exipto. O Baixo Exipto situase a norte e corresponde á zona onde o Delta do Nilo desauga no Mar Mediterráneo, e o Alto Exipto situase a sur, desde o Deserto da Libia ata pouco despois de Abu Simbel. A razón para esta designación aparentemente invertida é que o Exipto é o "Presente do Nilo" e como tal tudo é medido en relación ao río. O Nilo entra no Exipto no alto, e segue para baixo, ata sair a través do fértil delta, para o Mediterráneo, no Baixo Exipto.

Despois da primeira, varias outras piramides de degraus foron construídas, e algunhas foron abandonadas antes de estaren concluídas. Un exemplo notable é o da piramide torta. Con preto de metade do edificio construído parece que os construtores recearon que non irian conseguir manter o ángulo a que estaban construindo, e decidiron mudálo para outro menos inclinado. O resultado foi unha piramide extraña, co curuto subitamente encurtado.

Hai sinais de que preto de 2675 a.C., o Exipto comezou a importar madeira do Líbano.

Cerca do ano 2575 a.C., o faraón Khufu (máis coñecido como Queóps) pión a súa marca na paisaxe. Foi para el que a maior e a máis famosa de todas as piramides foi construíuda; a Gran Pirámide de Xizé. Esta piramide, cando se olla para o grupo de piramides do planalto de Xizé, non parece ser a maior. Isto é así porque aquela que parece máis alta foi construída en terreno máis elevado; na realidade, é 10 metros máis pequena.

O faraón Khufu tamén foi responsable polo envio de expedicións á Nubia en busca de escravos e outros valores. É pouco provable que estas persoas tivesen sido utilizadas na construción dos monumentos, polo menos non de imediato, porque non existirian en cantidade suficiente. A Gran Pirámide debe ter levado moitos anos a ser construída. Unha teoria popular e convincente di que os labregos do Exipto terian construído, eles mesmos, todos os templos e monumentos durante as cheias. Esta teoria é atraente por moitos motivos. Cando o Nilo enche, o pobo do Exipto non teria tido onde viver. As enchentes do Nilo chegan ata á beira do deserto e as suas enchentes terian inundado todas as áreas de cultivo e habitación. Se houvese traballo na construción dos monumentos durante a época das enchentes, entón os agricultores terian a posibilidade de alimentar e abrigar as suas familias. Claro que todo iso teria sido pago con bens provenientes dos impostos que os agricultores terian pago durante a época das colleitas, mais esa era a natureza do goberno. Esta idéia tamén explica como foi posible que o país se tivese tornado, e mantido, estable durante varias centenas de anos.

A construción de piramides continuou durante algun tempo. De feito, coñecense 80 localidades de piramides, aínda que nen todas permanezan de pé.

Ainda no Antigo Imperio, o Exipto controlaba as importacións de cobre do Sinai, especiarias e marfín da Mesopotamia, viño e aceite de Creta, ouro da Nubia e madeira de Biblos.

Primeiro Período Intermediario[editar a fonte]

Isto leva-nos polas 5ª e 6ª dinastias, ata ao Primeiro Período Intermediario. Hai poucos rexistros da época, unha vez que se trata dun período moito axitado.

Imperio Medio[editar a fonte]

O faraón Amenemhat I pos fín a este período axitado, voltou a unificar o país e mudou a capital para o Exipto do Norte (o Baixo Exipto. Sesóstris I (fillo de Amenemhat I) co-reinou con el ata ao seu asasinato. Sesóstris I foi capaz de tomar imediatamente o controlo sen deixar que o país voltase a esbarar na axitación. Sesostris I continuou a travar guerra coa Nubia.

En 1878 a.C., o faraón Senusret III tornouse rei. Proseguiu as campañas militares na Nubia e foi o primeiro a tentar estender o poder do Exipto ata á Siria.

Máis tarde, Amenemhat III chegou ao poder. É visto como o maior monarca do Reino Medio e fixo moito en beneficio do Exipto. Gobernou durante 45 anos.

Moitas das maiores acións dos reis da 12ª dinastia tiveron lugar fora do vale do Nilo. Tal como antes, houbo moitas expedicións á Nubia, Siría e ao Deserto do Oriente, en busca de valores a minar e de madeira para transportar para o Exipto. Para alén diso, estableceuse comércio coa Creta minóica.

Durante o Reino Medio, a fase seguinte en deseño funerario foron as tumbas escavadas na rocha. Os mellores exemplos destas tumbas poden verse no Vale dos Reis. Ainda se construían grandes templos en áreas máis visibeis.

A 13ª dinastia é incluída frecuentemente no Reino Medio, se ben que o período parece ter sido un tempo de confusión e de príncipes estranxeiros provenientes da Asia, coñecidos por Hicsos, que se aproveitaron da instabilidade política no Delta do Nilo para obter o control da área e máis tarde estender o seu poder para sur. Os Hyksos trouxeron consigo a carruaxe de guerra puxada dacabalo. Os exípcios non botaron moito tempo ata recoñecer o poder desta carruaxe e a comezar, eles próprios, a usála.

Sexa como for, esta quebra no controle central marca o inicio do Segundo Período Intermediario.

Segundo Período Intermediario[editar a fonte]

Foron os membros da 17ª dinastia que puseron fín á 13ª dinastia. Querian manter a cultura e tradicións do Reino Médio e por iso expulsaron os Hicsos.

Novo Imperio[editar a fonte]

A 18ª Dinastia anuncia o inicio do Novo Imperio. Neste Novo Reino, a forma dos caixións mudou da forma retangular do Imperio Médio para a familiar forma de múmia, con cabeza e ombros arredondados. A principio, eran decorados con penas esculpidas ou pintadas, mais máis tarde pasaron a ser pintados con unha representación do falecido. Tamén eran sobrepostos como bonecas rusas: un caixón externo de grandes dimensións contiña un outro máis pequeno, que por súa vez contiña un terceiro case moldado ao corpo. Cada un dos caixóns interiores era decorado de forma máis elaborada que o imediatamente exterior. Datan desta época a maioria das múmias que chegaron ata nós.

As técnicas de momificación foron sendo gradualmente aperfeizoadas co uso de natrán cristalino. Todos os tecidos moles, como o cerebro e os órgaos internos, eran removidos, despois de o que as cavidades eran lavadas e enchidas con natrán, e o corpo enterrado nunha pilla de natrán. Os intestinos, pulmóns, fígado e estomago eran preservados separadamente e armacenados en vasos protexidos polos catro fillos de Horus: Duamutef (estomago), Qebhsenuef (intestinos), Hapy (pulmións) e Imsety (fígado). Tanto era o poder destes vasos que mesmo cando os órgóns pasaron a regresar ao corpo despois de a preservación (21ª dinastia), os vasos continuaron a ser fornecidos.

Varios faraóns conseguiron estender o dominio exípcio ata máis lonxe do que caisquer dos seus antecesores, retomando o controle da Nubia e estendendo o seu poder para norte ata ao Alto Eufrates e ás terras dos Hititas e dos Mitanni.

É unha época de grande riqueza e poder para o Exipto. Ao tempo de Amenófis III (1417 a.C. - 1379 a.C.), o Exipto tornarase tán rico que deixou de procurar aumentar o seu poder, e pasou a descansar no seu trono coberto de ouro núbio.

Sucedeulle o seu fillo, Amenófis IV, que mudou de nome para Akhenaton. Mudou a capital para unha nova cidade que construiu e a que chamou Akhetaten. Aqui, coa súa nova esposa Nefertiti, concentrouse en construir a súa nova relixión e ignorou o mundo fora do Exipto. Este feito permitiu que varias faccións clandestinas, descontentes co seu novo mundo, medrasen. Unha nova relixión era algo que nunca antes tiña acontecido no Exipto. Antes, tiñan chegado novos deuses, que foron absorbidos na cultura exípcia, mais a nengun deus novo foi permitido substituir os deuses antigos. Akhenaton, por seu lado, criou unha relixión monoteísta, o Aton. A adorazón de todos os outros deuses foi banida, e foi esta a causa da maior parte da axitación interna. Foi tamén introducida unha nova cultura artística, máis naturalista, e totalmente revolucionaria relativamente á tradición do friso estilizado que tiña dominado a arte exípcia ao longo de 1700 anos.

Tutankhamon

Para o fín do seu reinado de 17 anos, tomou como vice-rexente o seu irmán Smenkhkare. O vicereinado durou apenas dous anos. Cando Akhenaton morreu, alguns dos vellos deuses resurxiron. Na verdade, nunca chegaron a desaparecer: o seu culto tiña apenas pasado á clandestinidade. Smenkhkare morreu despois de poucos meses de reinado solitario, e seguindo á súa morte, foi coroado un xoven que non estaba preparado para as presións de gobernar un país tán grande. Por iso, eran os seus conselleiros que tomaban as decisións. O seu nome de batismo foi Tutankhaton mais, co resurximento de Amon, foi rebatizado Tutankhamon.

Un dos conselleiros máis influentes de Tutankhamon era o Xeneral Horemheb. O faraón morreu ainda adolecente, e sucedeu-lle Ay, o cal é posible que teña casado coa viúva de Tutankhamon a fín de reforzar o seu dereito ao trono. É posible que Horemheb teña feito de Ay monarca para servir de rei de transición ata que el próprio estivese pronto para asumir o poder. Sexa como for, cando Ay morreu foi Horemheb quen o substituiu, dando inicio a un novo período de goberno positivo. O novo faraón tratou de estabilizar internamente o país e de restaurar o prestíxio que el tiña antes do reinado de Akhenaton.

A 19ª dinastia foi fundada por Ramsés I. Ramsés I reinou durante pouco tempo, e foi Seti I (tamén coñecido como Sethos I) que lle sucedeu. Seti I continuou o bon traballo de Horemheb na restaurazón do poder, controlo e respeito do Exipto. Tamén foi responsable pola creación do fantástico templo de Ábidos. Seti I e o seu fillo, Ramsés II, son os únicos dous faraóns que se sabe teren sido circuncisados. Ramsés II proseguiu o traballo do seu pai e creou moitos outros templos magníficos. Percy Byshe Shelley escreveu un poema en torno dele, chamado Ozymandias.

O reinado de Ramsés II é frecuentemente citado como a data máis probable do éxodo dos Israelitas do Exipto. Sen embargo, non existen rexistos na historia do Exipto de nengun dos acontecimentos descritos na Bíblia, e tamén non existen probas arqueolóxicas que os corroboren.

A Ramsés II sucedeu Ramsés III, que travou algunhas batallas e deu lugar a unha série de reinados curtos, todos baixo a direción de faraóns chamados Ramses.

Despois da morte de Ramsés XI, os sacerdotes, na persoa de Herihor, tomaron por fín o controle do Exipto das máns dos faraóns. O país foi de novo dividido en dous, con Herihor a controlar o Alto Exipto e Smendes a controlar o Baixo Exipto. Foron estes os novos gobernantes, da 21ª Dinastia. Estes reis tamén foron coñecidos como Tanitas, xa que a capital do Imperio ficaba en Tanis. O seu reinado non parece ter tido nengun outro marco, e foron subxugados sen loita aparente polos reis líbios da 22ª Dinastia.

Período Líbio[editar a fonte]

O Exipto tiña lazos antigos coa Líbia, e o primeiro rei da nova dinastia serviu como xeneral o último gobernante da 21ª dinastia. Sabese que el nomeou o seu próprio fillo para a posición de Alto Sacerdote de Amun, posto que anteriormente era hereditario. A raridade e aglomerazón dos rexistros escritos deste período suxeren que se tratou dunha época instable. Parece ter havido moitos grupos subversivos, o que acabou por levar ao aparecimento da 23ª dinastia, que se desenrolou simultaneamente e en concorrencia coa 22ª. Despois da retirada dos exípcios do Sudón, un príncipe núbio tomou o controlo da Baixa Nubia. A este príncipe sucedeu Piankhi, e foi este rei que tomou a decisión de atacar o norte, nun esforzo de esmagar o seu ononente, que gobernaba na rexión do Delta do Nilo. Alcanzou conquistas ata Ménfis. A dado ponto o oponente de Piankhi, Tefnakhte, aceitou submeter-se-lle, mais foi-lle permitido que permanecese no poder no Baixo Exipto, onde fundou a curta 24ª Dinastia.

Período Tardio[editar a fonte]

Ménfis e a rexión do Delta tornaranse alvo de moitos ataques dos asirios ata que Psammetichus conseguiu reunificar baixo o seu controlo o Médio e o Baixo Exipto, criando a 26ª dinastia e iniciando o Período Tardio. En 656 a.C. tiña conseguido estender o seu controlo por todo o Exipto. A dado ponto, sentiuse suficientemente forte para cortar todos os lazos coa Asiría, e o controle asirio desapareceu. Este período é tamén coñecido como unha époda de esplendor renovado no Exipto. Durante o reinado de Apries, foi enviado un exército para axudar os líbios a eliminar a colonia grega de Cyrene. A desastrosa derrota deste exército deu orixe a unha guerra civil que resultou na acensión de Amosis II ao trono. Non se sabe moito acerca do seu reinado, á exceción das notas gregas sobre o seu interese primordial nas questións domésticas do Exipto e na promoción de boas relacións cos viciños. Amosis morreu en 526 a.C. e un ano máis tarde, en 525 a.C., o Exipto caiu perante o poderio persa. Cambises tornouse entón o primeiro rei da 27ª Dinastia.

Xosé (✉) 17:02, 28 xullo 2005 (UTC)


Saudos, ¿existe algunha referencia que xustifique o emprego de "do Exipto" en lugar de "de Exipto"? Moitas gracias.

Se o artigo é inherente ao nome O Exipto entón é historia do Exipto tal como é Historia da Coruña pero se o país é Exipto entón é Historia de Exipto (igual que Historia de Santiago, Historia de Vigo, Historia de Lugo pero Historia do Lugo se é un equipo de fútbol do que falamos por exemplo), o artigo só se xustifica se hai un complemento, Historia do Exipto Moderno, do Exipto Antigo.--Xentenatural 16:56, 12 de maio de 2010 (UTC)

¿En galego non é a forma común "Exipto" a secas?--Carronada 17:00, 12 de maio de 2010 (UTC)

Segundo isto [1] si, nótese por exemplo a diferenza con Xapón que aparece como Xapón, O polo nese caso o correcto sería Historia do Xapón.--Xentenatural 17:06, 12 de maio de 2010 (UTC)
É interesante ter en conta esa ligazón, pero non é oficial (non son normas RAG, coido). De acordo co libro de criterios ligado sería: A China, O Brasil, A India, O Perú, O Salvador e O Xapón. Canada (aparece sen til) e Exipto, que ás veces levan artigo, aparecen aquí sen el. Hei comprobar noutros documentos semellantes como aparece a cousa. --Alberte Si, dígame? 18:32, 12 de maio de 2010 (UTC)

Aquí Exipto a secas. Xoacas(non te me poñas así) 21:16, 12 de maio de 2010 (UTC)

Se non hai mais referencias habería que ir cambiando o nome. Coido que aquí actuamos mal Albert e mais eu, facendo cambios de relativa importancia sen dar referencias. Un saudo.--Carronada 12:21, 17 de maio de 2010 (UTC)

Ao final móvese? Buscando outra referencia, no dicionario online da RAG ven "exipcio -aadx. 1. De Exipto ou dos seus habitantes."--Adorian (fálame) 22:48, 2 de marzo de 2011 (UTC)
Vistas todas as referencias que hai para Exipto, creo que é obrigado cambialo. --Paradanta (Cóntame) 23:10, 2 de marzo de 2011 (UTC)
E non só este artigo, senón todos os artigos da historia de Exipto das diferentes épocas --Paradanta (Cóntame) 23:12, 2 de marzo de 2011 (UTC)

Feito! Feito! Cousas como Historia do Exipto otomán deberían quedar como están, o artigo o non é parte integrante do nome do país, senón un determinante dentro dun sintagma. Non sei se me explico, é como dicir Historia da Galicia medieval, é correcto aínda que o país non se chame A Galicia. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:44, 3 de marzo de 2011 (UTC)

Correcto, Xoacas, explicácheste perfectamente! --Paradanta (Cóntame) 08:40, 3 de marzo de 2011 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Historia de Exipto. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de setembro de 2018 ás 22:55 (UTC)[responder]