Conversa:Heroe

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non creo que profetas como Xesús ou Mahoma poidan ser considerados heroes, nin sequera polos seus seguidores: eu son católico e mais non considero a Xesús un heroe. --O Tin 19:46, 21 maio 2006 (UTC)

A lista tiña dous problemas graves: estaba feita con tradutor automático e para min sería como poñer unha lista de escritores no artigo escritor, con que criterios eliximos uns e outros non.--Sernostri (conversa) 14 de febreiro de 2014 ás 17:56 (UTC)[responder]

Nomes das profesións e redireccións[editar a fonte]

Esta edición mudou o título heroe por heroe, heroína. Entendo que este cambio está baseado nesta votación. Do consenso adoptado nela (ver resolución) implicitamente asúmense que os cambios afectan ás profesións, indicado na propia denominación do título e no texto da proposta. Segundo o DRAG [1] é " Traballo que unha persoa realiza normalmente, para o que está preparada e polo que recibe un soldo". Explicitamente ,nesta lista non se inclúe heroe, aínda que ao incluirse a palabra oficios nesa edición hai un marxe de ambigüidade. O oficio é definido no DRAG como "Cargo ou traballo que unha persoa desempeña de maneira habitual". [2]. Tanto o concepto de oficio como o de profesión non son acaídos para unha denominación que adoita facerse sobre personaxes de ficción (heroes e heroínas nas mitoloxías) e lendarios a raíz de fazañas ou eventos puntuais. Ás veces tamén sobre personaxes históricas, co xuízo de valor e a subxectividade que implica, aspecto que vén expresado no anterior fío desta mesma conversa e que o actual texto da entrada tenta presentar dun xeito equilibrado, apelando ao seu valor arquetípico. Por todas estas razóns considero que a redirección debe ser revertida. Un saúdo

Referencias

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para profesión.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para oficio.

Maria zaos (conversa) 9 de maio de 2021 ás 14:15 (UTC)[responder]