Conversa:Hernández e Fernández

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non sei se hai algún cómic de Tintin traducido ó galego, pero coido que o de Hernández e Fernández corresponde á versión española. De non haber versións galegas o título debe ser Dupond e Dupont. AlberteSi, digame? 13:41, 2 marzo 2008 (UTC)

  • Os cómics de Tintin están traducidos por Valentín Arias pero non sei que nome lles puxo a estes personaxes.--Arco de Rayne 13:46, 2 marzo 2008 (UTC)
  • Falo de memoria, pero creo que as traducións galegas conservan o Hernández e Fernández. Síntoo, pero conseguir agora mesmo un Tintín en galego éme moi difícil, :) --Xabier Cid 13:57, 2 marzo 2008 (UTC)
  • Teño na casa o cómic de Tintín: os xarutos do faraón en galego, e si que conservan o nome de Hernández e Fernández.---Meu rei 15:17, 2 de marzo 2008 (UTC)
Aisss, co bonito e axustado que quedaría traducilo a Daponte e Dafonte... Moitas veces son as propias editoriais as que, por temas de merchandising, impiden ese tipo de traducións. Non sei se este sería o caso. --Xabier Cid 14:23, 2 marzo 2008 (UTC)
  • Arestora estase a emitir na "tvG2" o filme Tintín e o lago dos tiburóns, e por iso acabei caendo hoxe aquí...
    • O artigo sobre estes personaxes está directamente traducido da Wikipedia en español, polo que habería que ver se nas traducións ao galego se dá realmente o que así se expresa: "non parece haber un criterio para asignarlle o nome de Hernández ou Fernández ao que ten o bigote máis caído ou ondulado, polo que os seus nomes cambian indistintamente de álbum en álbum e ata ás veces dentro dun mesmo volume".
    • O das traducións herdadas doutras traducións é algo que se dá moitas veces, por desgraza: Non hai máis que ver a Lista de filmes con versión en galego, coa que se pode comprobar que para lle dar un título oficial en galego a un filme estranxeiro é habitual recorrer á tradución do título español. Hai así unha dependencia da versión española que moitas veces se afasta do orixinal e que pode dar pé a erros (como xa ten ocorrido). Neste caso teño entendido que o título vén imposto pola TVG, o principal distribuidor de cinema estranxeiro en galego. O mesmo ocorre con nomes de personaxes. A ver se dámos madurado dunha vez.
    • No caso de Hernández e Fernández, ocorren varias cousas:
      • Dous personaxes, que semellan se xemelgos (non sei se se pode confirmar ou desmentir mediante fontes oficiais se realmente o son), son denominados mediante dous apelidos diferentes.
      • Tómas como referente a tradución española, que se pode considerar unha adaptación mellor ou peor, pero desde logo non é unha adaptación especialmente fiel co orixinal.
      • Ademais, teño entendido que, filoloxicamente, os apelidos rematados en "-ez" ("fillo de") son xenuínamente propios da lingua española, non da galega (lingua á que se traduce) nin do francés (lingua da que se traduce). Así e todo, este dato non o podo confirmar. No "listado de apelidos" da A Mesa pola Normalización Lingüística vén recoñecido como galego "Fernández", pero non ocorre o mesmo con "Hernández"...
    • Creo que o correcto sería manter os nomes orixinais en francés ou adaptalos ao galego (segundo diferentes criterios). Que ocorrería se en español o protagonista destas aventuras, Tintín, fose chamado "Pepito", como non hai moito revelou un documento que estivo a piques de ser así?
    • E, por certo, Xabier Cid, no caso de adaptar ou de traducir (non sei se falas dunha cousa ou de outra)) os nomes en cuestión ao galego, estás seguro de que deberían ser Daponte e Dafonte? O primeiro dos dous, "Daponte" non ten moita dúbida, xa que esa sería unha tradución directa de "Dupont", pero non sei se "Dupond" se pode traducir como "Dafonte".
        • Un saúdo.

--Uxío 18:34, 6 xaneiro 2010 (UTC) Uxío, dúas cousiñas... :) O nome hai que poñelo como se puxo nas traducións galegas de Tintín, sexa cal for. :) Ás veces é unha cuestión de dereitos, e as empresas titulares non permiten a tradución dos nomes dos personaxes. Non sei se ese é o caso. Con respecto a Daponte e Dafonte, é pra seguir o esquema francés de Dupont e Dupond. Obviamente, Dupond non é Dafonte, pero só varía unha letra con respecto a Dupont, e son practicamente homófonas.--Xabier Cid Conversa 20:04, 6 xaneiro 2010 (UTC)

  • Ola, Xabier:
    • Por suposto que sei, e estou de acordo con empregar a nomenclatura galega oficial (sexa máis ou menos correcta) de lugares, obras, personaxes, etc. De feito, é unha das cousas polas que máis me preocupo que se respecten (véxase o caso dos títulos dos filmes).
      • Creo que empreguei mal esta sección de conversa da Wikipedia falando do tema, xa que non quería corrixir nada do que no artigo, senón expresar un pouco a miña opinión sobre a tradución oficial que se fixo cos peronaxes que protagonizan o artigo... Recoñezo que foi un erro pola miña parte, xa que usei neste caso o fío da conversa coma se dun foro de opinión se tratase a Wikipedia, cando ben se ten dito que non o é.
        • O de Dupond pregunteino por curiosidade, xa que descoñezo o significado ou os siginificados que pode ter o termo "pond" en francés.
          • Un saúdo, compañeiro, e grazas pola resposta.

--Uxío 05:06, 10 xaneiro 2010 (UTC)