Conversa:Guindastre

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

O diccionario da RAG (1997, anterior ás actuais Normas) recolle grúa e guindastre pero define en esta, o que indica a súa preferencia.

O Gran Dicionario Xerais da Lingua (2000) recolle grúa (con este significado) con marca de "galego non estándar", e Guindastre como forma "estándar normativa".

O VOLGa (2004, posterior ás Normas) tamén recolle as dúas entradas pero marca grúa con asterisco (é dicir, "menos recomendada" ou "incorrecta", segundo o caso) e remite coa marca "igual pero mellor" ó sin. guindastre.

A Sociedade Galega de Terminoloxía SGAT prefire guindastre [1]. A versión galega da Clasificación Nacional de Ocupacións (CNO-94) usa "operadores de guindastres".

Creo que queda claro que deberiamos utilizar só guindastre aínda que, en sentido estricto, "grúa" no sea incorrecta. Que queda claro que non son equivalentes.

Pedro --Lameiro (conversa) 23:00, 10 marzo 2008 (UTC)

  • Claro esta que debese gardar guindastre como unica entrada da Galipédia, xa que non elaboramos un diccionario. Pero esto non e contradictoria que paa palabra grúa podese decidir de gardala nuha páxina de homonimias si diirixe a guindastre ElviraConversa con mi 23:14, 10 marzo 2008 (UTC)
  • Á vista do exposto por Lameiro estou de acordo coas súas conclusións, que implicaría retirar o guindastre ou grúa e deixar só gindastre. --Arco de Rayne 13:38, 11 marzo 2008 (UTC)
    • A proposta resume que eu faría sería a seguinte:
  1. Deixar por un lado a entrada grou, onde xa dicimos que o feminino é grúa.
  2. Crear unha entrada grúa que redireccione directamente a grou.
  3. Deixar guindastre máis ou menos como estaba antes. Nun párrafo á parte, nunha nota, dicir que a forma grúa con tal significado, sendo correcta polo de agora, non é recomendable, e explica-las razóns.
  4. Elimina-la actual páxina de homónimos grúa, xa marcada para borrar.

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Guindastre. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de setembro de 2018 ás 19:58 (UTC)[responder]