Conversa:Glaciar

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Nas fontes que consultei non aparece xeleira como sinónimo de glaciar. No dicionario da RAG aparece glaciar sen sinónimos. No Léxico básico das ciencias naturais, sección xeoloxía realizado polo SNL da USC[1] e o Léxico de arqueoloxía do CNL da Facultade de Xeografía e Historia arquivo PDF xeleira aparece como equivalente ao castelán nevero que segundo a RAE é Lugar de las montañas elevadas donde se conserva la nieve todo el año., o que é diferente a glaciar que para a RAG é Gran masa de xeo acumulada na parte alta das montañas onde hai neves perpetuas, da que a parte inferior escorre moi lentamente, en forma de lingua, por un val. Polo que se deduce que glaciar non é sinónimo de xeleira, todo glaciar é unha xeleira pero non toda xeleira é un glaciar.--Arco de Rayne 15:20, 15 abril 2008 (UTC)