Conversa:Gimli

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Fixen algunhas mudanzas a referencias do texto, como "Cavernas Centelleantes" (centella non é unha palabra galega) e algunhas das citas de Gimli. Non fun quen de atopar o texto da tradución galega, mais en calquera caso, estrañaríame que o texto coincidise co que veño de mudar. De feito, se non me engano, esta é unha tradución do inglés (o do castelán traducido do inglés); quizais sexa este o motivo. Por suposto, se alguén atopa a versión oficial da tradución en galego, esa será a opción definitiva, sexa cal for. Espero que non lle pareza mal ao autor do artigo. Un saúdo. --Manudosde 11:17, 3 decembro 2007 (UTC)

Correccións[editar a fonte]

Penso ter corrixido todas as referencias ao libro agás a segunda cita. Atopei o orixinal inglés, que é "Faithless is he that says farewell when the road darkens.", e espero atopar a versión galega axiña, mais se alguén a encontra ante ca min, xa sabe o que facer :). A terceira cita non aparece nos libros, pois a escena en que se di no filme sinxelamente non está na novela; se cadra coinviría pór unha nota na cita. Un saúdo.

--Manudosde 16:15, 28 decembro 2007 (UTC)

Todo arranxado[editar a fonte]

Eliminei a advertencia porque considero que coa adición da última cita corrixida, os problemas da páxina están arranxados. Un saúdo. --Manudosde 16:46, 29 decembro 2007 (UTC)