Conversa:Fricción

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Atrito-rozamento-fricción[editar a fonte]

O artigo parece estar en portugués ou "aportuguesado", na miña vida escoitara "atrito". Ademais hai unha páxina titulada rozamento, máis breve pero que parece tratar do mesmo. Isto, de rebote, crea un problema coa interwiki: "atrito" liga con "fricción" en español, que liga con "friction" en inglés, e"rozamento" liga con "friction" en inglés, que liga con "fricción" en español, que liga con "atrito" en galego... --Angeldomcer (conversa) 22:27, 27 de maio de 2012 (UTC)

  • O termo atrito é correcto ([www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=atrito 'Atrito' no dicionario da RAG), pero se o artigo é similar a rozamento, deberían fusionarse. --Estevo(aei)pa o que queiras... 22:39, 27 de maio de 2012 (UTC)
A palabra existe pero non ten para nada que ver co que se fala o artigo, atrito é "que sente atrición" e atrición é "Pesar por ofender a Deus, motivado polo temor ao castigo, por un sentimento de vergonza etc.--Xián (conversa) 14:19, 28 de maio de 2012 (UTC)
Eu non atopo motivos para que fricción e rozamento sexan dous artigos diferentes, polo tanto púxenlles aviso de fusión.--Xián (conversa) 14:32, 28 de maio de 2012 (UTC)