Conversa:Friburgo, Alemaña

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Brisgovia[editar a fonte]

A referencia do DRAG só di "Friburgo", de ónde ven o de Brisgovia? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de abril de 2014 ás 12:59 (UTC)[responder]

Creo que é para diferenciar esta vila coa vila suíza homónima. O que si, se non hai referencias, sería preciso cambiar o nome do artigo a Freiburg im Breisgau (nome oficial en alemán), Friburgo, Alemaña, Friburgo, Baden-Württemberg ou outra solución.--Adorian (conversa) 11 de abril de 2014 ás 13:13 (UTC)[responder]
Referencias hai e son ben claras, as dúas cidades, tanto a alemá como a suíza, teñen por nome Friburgo, para diferencialas como se fai no resto das cidades con nomes iguais, Friburgo, Alemaña e Friburgo, Suíza ou calquera fórmula dese tipo. Pero non Freiburgo im Breisgau xa que hai nome galego para esa localidade, que é Friburgo.--Sernostri (conversa) 11 de abril de 2014 ás 14:08 (UTC)[responder]
Claro, o artigo ten que seguir chamándose Friburgo, está referenciado coa ligazón ó dicionario da RAE, o que a min non me casa é o de "de Brisgovia". Se non hai referencias para o "de Brisgovia" entón hai que quitalo e facer como di Sernostri, logo a maiores habería que facer unha páxina de homónimos e poñer nela as dúas cidades. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de abril de 2014 ás 17:21 (UTC)[responder]
E ademais a redireción Freiburg im Breisgau coido que hai que borrala xa que existe nome en galego para esa cidade. Se ninguén me contradí borrareina nuns días. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de abril de 2014 ás 17:30 (UTC)[responder]
Efectivamente hai que borrala, non é Friburgo de Brisgovia, é simplemente Friburgo--Sernostri (conversa) 11 de abril de 2014 ás 18:33 (UTC)[responder]
Xa está borrada a redirección e movida a páxina, queda pendente cambiar as ligazóns ó nome incorrecto e pode que algún detalle máis que irei amañando ós poucos. Saúdos, (o anterior comentario era meu que esquecín firmar, saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de abril de 2014 ás 21:00 (UTC))[responder]
Hoxe decateime de onde ven o de "Brisgovia", é porque ten ese nome na wiki en castelán, supoño que alí si terán referencias para poñelo. Só como curiosidade. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de abril de 2014 ás 18:07 (UTC)[responder]
Si hai referencias para o "de Brisgovia", engadireinas. --Norrin (Fálame) 14 de outubro de 2014 ás 09:57 (UTC)[responder]