Conversa:Folclore

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

sección "Características"[editar a fonte]

Esta sección semella rigorosa e tera as súas verdades, pero a mín resaltame rara, non dou entendido que eso caracterize nin o folclore como tal, nin o seu estudio : Anónimo, que non saben quen comeza a facelo, póis o ser humano, os mitos, tamén teran esta caractiritica que se chama ánonimato ???, e non comento o de Espontáneo, Antigo, Funcional e Empírico. Todo esto tamén semella fantasía,penso eu, a menos que sexa unha teoría, e niste caso necesita fontes. Cada vez que leo o artigo venme o arranque de retirar a sección, pero resulta tan raro que non sei que pensar. Por mín debese retirar.ElviraConversa comigo 20:28, 26 febreiro 2009 (UTC)

  • Concordo contigo, esa sección non é nada rigorosa--RNC 20:42, 26 febreiro 2009 (UTC)
    • Salvando o de que mellora a nosa vida, o resto évos ben certo e diferencia o que se debe considerar folclórico (tradicional) do que é de autor e recente. Folclore é moito máis que baile e música. Tamén o é a cultura oral, as crenzas e supersticións, as festas populares e a gastronomía tradicional, os xogos, traxes e celebracións sociais. Como tal creación social tradicional é anónimo (Leiras Pulpeiro ten moitas cantigas escritas por el, moi bonitas pero que non pertencen ó folclore), é antigo e de difícil ou imposible datación (cando a guerra civil, naceron cantigas e romances, que tampouco pertencen ó folclore por máis que a estrutura sexa a mesma), é empírico e baséase na observación e puras crenzas, non apoiadas na razón científica (aí tendes miles de refráns, como por exemplo os de prognósticos meteorlóxicos). Quédame sen entende-lo de "funcional", pero se aplicamos o folclore á roupa, ós trebellos, de seguro que sí son funcionais.
    • Non podo achegar referencias destas características e de quen puidese sistematizalo así, pero o certo é que ten moito sentido. Eu pensaría mellor a opción de borrar esa parte. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:25, 26 febreiro 2009 (UTC)
Non sei si nos entendemos : concretamente eu quero decir que esas caracteristícas son unha opinion mui persoal que se aparta do punto de vista neutral e que non ten lugar de quedar nun articulo de enciclopedia. Se andamos a conversar en forma persoal, eu penso co folclore mellora a vida dos que se adican a praticar música e bailes folclóricos, tamen podo conversar e entender que o folclore a ánonimo, xa cas produccións artisticas do folclore, que sexan de cantos, de arquitectura, de xogos, de traxes etc etc non teñen autor coñocido. Podo levar a conversa o tempo que se queira. É outra cousa establecer caracteristícas do folclore, e o que pido eu eiqui son as fontes de estudos serios que dan esas caracteristicas básicas para estudar, analizar o folclore.
*Si digo que me resulta raro, e porque podría ser a opinion d'unha autoria e nise caso, chamar a sección coutro nome e dentro meter que esas son as caracteristicas que lle da tal escola ou tal teorico do folclore.ElviraConversa comigo 22:28, 26 febreiro 2009 (UTC)
Si que nos entendemos, Elvire. Ti pides referencias que apoien esa categorización e eu digo que non sei se existen, pero tampouco me extrañaría. Non podo achegar máis nada. Agora ben, isto é semellante a tantas e tantas afirmacións que contén a Galipedia admitidas, obvias, lóxicas, sen nada que o referencie, e para as que non pedimos máis (logo están outras cousas que sí que habería que referenciar e tamén se nos escapan, pero esa é outra historia). O que quero dicir é que esas 4-5 características do que é folclore me resultan perfectamente coherentes e con todo o sentido, non unha opinión dun editor que ese día estaba inspirado; teño a íntima seguridade de que o copiou (ou bebeu) dalgún sitio que non indicou, que non é froito -creo- da súa propia colleita. Sendo rigorosos entendo que haxa que borralo, sendo lóxicos non estou tan de acordo. Non se trata de que discutamos aquí as nosas opinións (e iso que se aprende moito lendo as opinións alleas), senón a lóxica e verosimilitude dos artigos e os seus contidos. Pero, unha vez expresado o anterior, entendo o teu razonamento. Agora quero que ti entendas o meu. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:29, 26 febreiro 2009 (UTC)
Entendeto Lameiro. Vou segir un pouco, non só por conversar, pero porque pareceme importante si se retira esa sección. Poñamos a parte todo o que se deberia revisar noutros artigos, todas wikis andan cheas de informes non acreditados.
  • Decir cas Características organolépticas vano polo seu aspecto, sabor, textura, olor e cor, dalle o lector caracteristicas que lle son útiles.
  • O folclore é unha disciplina que abarca moitos campos (a música, as tradicións, a literatura et etc), é posible que esas carateristicas veñan dunha fonte fiable, pero levan esplicacións que discreditan ou son explicacións que non corresponden as características enunciadas.
  • Busquei un pouco fontes. O artigo iste fui comezado en setembro 2007 por tradución do artigo de es:folclore, o artigo de es nises tempos ... levaba esta sección tal como a temos eiqui, sen fontes. Agora xa desapareceu, e non fun eu, descobro o artigo por esta conversa. O artigo :pt:folclore tamén da "Características do fato folclórico" (do fato xa é un progreso na calidade) ... e da a fonte (recomenciós da UNESCO). Non averiguei a fonte pero na escrita alude a que podese considerar o anonimato como carateristica. Pode para ti ser esto unha razón de considerar que non se poden deixar esta sección no estado que esta´? ElviraConversa comigo 00:51, 27 febreiro 2009 (UTC)
  • Seguindo a túa pista estiven preguntando a San Google. Nas recomendacións da UNESCO [1] sobre "salvagarda da cultura tradicional e popular" non menciona tales características (pero resulta un documento interesantísimo). En El hecho folklórico si que veñen, coincidindo máis ou menos co contido do noso artigo. Pero no blog http://teoriadelfolclor.blogspot.com/2008/03/caracteristicas-del-folclor-y-del-hecho.html o texto é exactamente igual có noso (mirando as datas, este texto sería posterior do da wiki). San Google dá máis referencias, pero non son horas para seguir mirando. A conclusión: que temos que seguir repensando esta sección, cuxo único problema, para min, é unha redacción pouco afortunada. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:57, 27 febreiro 2009 (UTC)
Poís a conversa pareceme benefica : semella que, polo menos Lameiro e eu adiantamos a nos comprensión do artigo e que temos fontes de elementos interesantes. Eu de momento só contaba retirarlle a sección das caracteristicas, en espera de melloralo, ando traballando sobre o tema, pero teño moitos potes no lume. Sigo pensando que estaría ben, se ninguén o mellora, de retirar rotundamente a sección : para mín, como lectora, ler cousas que dín co folclore é espontaneo porque transmitese de xeito natural, sen máis esplicacíon, sabendo ca transmisión do folclore é unha cousa mui formalizada e ata poden ser ritos.... discreditame o artigo. Pero comportome como usuario e vexo co artigo non está tan mal e que os galipedistas vamolo mellorar algun día. Hai tempo para todo. Gracias Lameiro polas investigacións ElviraConversa comigo 14:56, 28 febreiro 2009 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Folclore. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 24 de agosto de 2018 ás 22:48 (UTC)[responder]