Conversa:Filosofía

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alguém pode inserir o * na lista do final do artigo? --Slademsx 16:28, 6 xuño 2006 (UTC)

Filosofía e filosofo[editar a fonte]

Pareceme que a cabeceira do artigo mestura varios temas, como o do filosófo e a filosofía. Tamén parece que iste artigo copia un pouco o dicionario de pedagoxía da RAG. Sen falar do posible copivio , unha cabeceira de artigo enciclopedico non é a mesma cousa ca accepción que dá un diccionario ainda que sexa pedagoxico. ElviraConversa comigo 21:59, 7 setembro 2008 (UTC)

Idealismo e Materialismo[editar a fonte]

É certo que existe este debate na historia da Filosofía. Non é correcto, porén, afirmar que os filósofos -en xeral- se dividan en materialistas e idealistas. Por exemplo, en que grupo incluiríamos a Platón?. Obviamente non foi un materialista, mais tampouco consideraba que a existencia do mundo (se cadra era mellor dicir, neste caso, os mundos) dependese dos suxeitos. Acho, por tanto, que unha clasificación dos filósofos que, como esta, exclúa a Platón non pode ser aceptada. Propoño que, no canto de materialismo, apareza realismo. Realismo sería a corrente filosófica segundo a cal, a realidade, existe con independencia do coñecemento; e Idealismo sería a corrente contraria (a existencia da realidade depende do coñecemento).—o anterior comentario sen asinar foi feito por Fuco Ouselle (conversacontribucións) 10 de setembro de 2016 ás 20:49‎

O ser e o nada[editar a fonte]

O xénero de nada é masculino https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/nada, procurei se era a tradución que se fixera. Non a atopei. Lles (conversa) 10 de xullo de 2019 ás 11:08 (UTC) http://bibliotraducion.uvigo.es/ Lles (conversa) 10 de xullo de 2019 ás 11:15 (UTC)[responder]