Conversa:Filipe II de España

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cambio de nome[editar a fonte]

Novamente, propoño que o nome pase de Filipe II de España a Filipe II de Habsburgo, que pode ser moito máis útil e menos confuso.--Alexandre Vigo 22:46, 23 de maio de 2010 (UTC)

Remítome ao que xa dixen en Conversa:Carlos I de España. Xoacas(dei verbum; adoramus te, domine) 23:14, 23 de maio de 2010 (UTC)

Se lle chamamos Filipe II de Habsburgo estamos dicindo que foi o segundo Filipe de esa familia. ¿É iso correcto?--Carronada 23:27, 23 de maio de 2010 (UTC)

Se dicimos " Filipe II de Habsburgo" (a wiki polaca o fai, por exemplo), estamos dicindo que é o segundo Filipe da dinastía de Habsburgo, que foi rei. O primeiro foi Filipe o fermoso.--Alexandre Vigo 09:33, 24 de maio de 2010 (UTC)

Comeza por dar referencias que sosteñan a túa proposta e logo seguimos falando. Xoacas(dei verbum; adoramus te, domine) 09:53, 24 de maio de 2010 (UTC)

Xoacas, estou aborrecido de trocar constantemente o termo de Coroa. Estás errado, un rei pode gobernar, 1, 2, 3 ,4 e infinitas coroas, porfavor revisa os libros de historia, ou revisa os artigos relativos a Coroa de Aragón e Coroa de Castela. Felipe II era rei de máis dunha coroa. España non era ningunha coroa antes do século XVIII.--Alexandre Vigo 12:01, 24 de maio de 2010 (UTC)

Editei o artigo revisándoo en profundidade, a ampliándoo considerabelmente. A edición galega, cando a vin, era bastante cativa e non tiña referencias. Para editala, usei material das wikis castelá (ampla, pero algo trapalleira), inglesa e francesa. Agora penso que quedou bastante ben, demasiado grande dirán seguramente algúns, pero creo que a importancia do personaxe merece esta extensión. Foi o rei más importante do século XVI (e o máis temido, e o máis odiado), e tamén foi rei de Galicia/Galiza (véxase a sección Títulos).
Concordo coas opinións dos que din que non foi rei de España (o primeiro que se titulou así foi Filipe V, o primeiro Borbón), pero non cos que propuxeron cambiar o título do artigo por Filipe II de Habsburgo; aínda que, segundo parece, foi o primeiro Filipe da Casa de Habsburgo ou Casa de Austria en ser rei, non se especificaría de onde (agás disque na wiki polaca); na historiografía de todos (ou case todos) os países o seu nome é Filipe II, e este segundo vén de que foi sucesor de Filipe I de Castela —que foi sucedido por Carlos (I de España e V de Alemaña, como se dicía na escola nos meus tempos), pai do noso personaxe— que fora o primeiro Habsburgo en reinar en Castela; e é ben sabido que, na historiografía española, a numeración dos reis segue a orde dos de Castela (como case todas as cousas que se fan no descentralizado, cuasifederalizado, Estado Español); e internacionalmente é coñecido como Filipe II de España (até polos portugueses, que usan este nome cando querer refirirse a el, porque para eles foi Filipe I de Portugal); polo tanto, para facilitar as ligazóns con outras wikis, e as consultas na bibliografía, o correcto (ou diriamos o práctico) é manter o presente título de Filipe II de España. ----Xoio (Conversa Usuario:XoioÉche o que hai) 00:07, 22 de xuño de 2011 (UTC)

Felipe II nunca foi "rei de España". Ostentou as Coroas de Castela e de Aragón, con todos os seus reinos e territorios, e tamén foi Rei de Portugal. Pero España, naquel entonces, non era unha entidade política. Así o recoñece o Tribunal Supremo nunha recente sentenza http://www.poderjudicial.es/search/documento/TS/8224054/Prescripcion/20171201 —o anterior comentario sen asinar foi feito por Xomabepo (conversacontribucións) 2 de agosto de 2018 ás 09:37‎

En realidade non importa se foi rei de España ou non, o que importan son as referencias. Hai historiografía para soster o cambio de nome? ou para mantelo?--HacheDous=0 (conversa) 2 de agosto de 2018 ás 11:44 (UTC)[responder]

Antonio Pérez[editar a fonte]

Toda a sección sobre Antonio Pérez, secretario do emperador, debería pasar a un artigo propio. Ten volume de abondo para iso e, de paso, axudaría a alixerar o artigo do Filipe II. Pedro --Lameiro (conversa) 14:57, 25 de setembro de 2011 (UTC)

Feito! Feito!: Antonio Pérez del Hierro; --Estevo(aei)pa o que queiras... 00:14, 16 de novembro de 2011 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Filipe II de España. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 24 de agosto de 2018 ás 22:15 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (xuño 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Filipe II de España. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 6 de xuño de 2019 ás 06:43 (UTC)[responder]