Conversa:Estrella Galicia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Estrella Galicia (cervexa)»)

Untitled[editar a fonte]

Temos dous artigos, este para o produto, e estoutro para a empresa.

Penso que a maioría dos últimos contidos engadidos deberían ir no artigo da empresa, non no do produto--. HombreDHojalata.conversa 21:03, 13 de xuño de 2011 (UTC)

Non concordo en absoluto coa supresión que se fixo dos contidos de historia de Estrella Galicia. Vexamos, José Mº Rivera fundou a fábrica La Estrella de Galicia en 1906 na Coruña e esta fábrica adicábase á fabricación de cervexa e xeo. No artigo de Hijos de Rivera, os apartados da sección "Historia" ata "Expansión (anos 90) son todos eles feferidos á cervexa e non á marca. Eu entendo que Hijos de Rivera é posterior a Estrella Galicia, polo que a sección de historia que se refire á cervexa debería ir no artigo Estrella Galicia e no da empresa como antecedente. Tampouco me parece axeitado dicir que Hijos de Rivera naceu en 1906, xa que penso que non é así (pode verse na web de Estrella Galicia que esta denominación non aparece por ningures nos inicios), o que eu deduzo é que os herdeiros crearon a compañía Hijos de Rivera. Sexa como sexa, os inicios da empresa coinciden cos da cervexa, polo que tampouco me parece que non deban estar no artigo da cervexa. Un saúdo, Piquito (conversa) 15:09, 3 de xullo de 2012 (UTC)