Conversa:Estreito de Messina

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Neste artigo emprégase o termo ferry. Segundo o dicionario Cumio sería ferry-bóat. En portugués, segundo o wordreference, tamén, pero sen acento. Por outra banda, no catálago da RAG e no Gran Dicionario Xerais non aparecen nin ferry, nin ferry-bóat. Poderíamos pensar na solución galega de paquebote. Con todo, paréceme bastante orixinal a achega de Cumio que semella tirada do portugués. Ese 'ferry-bóat. Que cómpre facer?--Atobar (conversa comigo) 19:12, 18 abril 2009 (UTC)

Solucionado: transbordador é a palabra máis acaída, sen ningunha dúbida. Entrementres que paquebote dá idea de transatlántico, de embarcación de grandes dimensións destinanada ao transporte de correo e pasaxeiros, un transbordador é unha embarcación destinada a 'transbordar', é dicir, circular alternativamente entre dous puntos. Penso, por exemplo, no transbordador que había, e se cadra hai, no Miño, co cal se pasaba a Portugal. E tantos outros transbordadores que hai por aí. Non o saquei eu, que foi PepedoCouto. Graciñas, Pepe, por resolver o problema. Corrixo deseguido.--Atobar (conversa comigo) 19:55, 18 abril 2009 (UTC)