Conversa:Epiderme (plantas)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Desenrolar/desenvolver[editar a fonte]

Revertín o cambio que mudara o meu "desenrolar" por un "desenvolver". A frase do artigo era: "Células buliformes: posúen parede delgada, e son cuadrangulares e teñen forma de pinga en corte transversal. A súa función é enrolar e desenrolar a folla cos cambios de turxencia producidos polo maior ou menor contido de auga."

Como se pode ver no texto a folla enróscase (enrólase) e despois desenróscase (desenrólase, en inglés unwind). Aquí o uso de desenrolar é correcto, porque é o contrario de enrolar. Outra cousa distinta é cando o significado é máis ou menos "proceso que transcorre sucesivamente en varias fases" (e outros significados similares), onde habería que dicir desenvolver (en inglés, develope). Por exemplo, desenvolvemento embrionario, os mutáxenos poden favorecer o desenvolvemento dun cancro, na epiderme das plantas poden desenvolverse excrecencias con forma de espiñas, etc.

Tamén revertín un cambio similar na páxina cromatina.--Miguelferig (conversa) 11:47, 30 de setembro de 2012 (UTC)