Conversa:Eduardo Blanco Amor
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
[editar] Data de nacemento
Retirei a data de nacemento porque as fontes citan o 8 de setembro, outras o 14 de setembro e mesmo algunhas non inclúen ese dato. Polo de agora non é posible determinar cal é o dato correcto, mentres non poida verificarse temos que omitilo. --Prevert(talk) 16:21, 6 outubro 2006 (UTC)
- Atopo dúas datas para o nacemento de Blanco Amor (á parte das que damos nós ou a wikipedia.es, que non contan).
- En http://www.galespa.com.ar/blancoamor.htm dan a data 14.09.
- Nun suplemento que publicou a Voz co gallo do seu Día das Letras Galegas inclúese unha biografía que dá a data do 8.09.
Eu inclínome máis a dar credibilidade á última data (da que temos proba documental editada e asinada), pero case mellor deixalo aquí, na conversa, a ver se alguén atopa unha biografía máis completa. Na Gran Enciclopedia Galega limítanse a dicir que naceu en setembro, o que sementa dúbidas.
Pedro --Lameiro (conversa) 20:27, 15 febreiro 2008 (UTC)
-
- 14 de setembro segundo o libro Ars Amandi, recompilatoria de textos poéticos amatorios de Blanco-Amor, editado polo Pen Clube e Editorial Galaxia, 2007. --Xabier Cid 20:33, 15 febreiro 2008 (UTC)