Conversa:Dicionario en liña
[editar] Aviso de CommonsTicker
As seguintes imaxes foron eliminadas de Commons ou marcadas para borrar. Por favor elimine os enlaces ás imaxes borradas no artigo, ou participe na discusión sobre o destino final da imaxe en Commons. Esta é unha mensaxe automática de CommonsTicker.
- ALE! engadiu o marcador de borrado No license en Image:Flag_of_Portugal.svg: no license(diff);
-- CommonsTicker 14:16, 15 febreiro 2007 (UTC)
[editar] Dicionario Estraviz
Ola. No dicionario Estraviz modifiquei a atribución a Sotelo Blanco por AGAL. Segundo explica em duas entrevistas o propio Isaac Alonso Estraviz ([1] e [2]) -quen, por certo, sorprende que non teña entrada na Galipedia... haberá que poñerse-, a versión en papel do seu dicionario editouse con Alhena (editora creada por el) en 1986. Posteriormente, en 1995 a editora Sotelo Blanco solicitoulle unha versión máis reducida para o uso escolar. Porén, como se indica na segunda das entrevistas, o dicionario en liña (divulgado o 1 de xaneiro de 2005) tomou como base o editado por Alhena (editora, lembremos, creada por Estraviz) pero actualizando a ortografía de mínimos a máximos e engadindo 30.000 entradas máis, traballo todo este (actualización da norma, engádega de entradas e labor técnico) realizado pola AGAL e/ou no seo da AGAL.
--Rosamf 01:25, 31 decembro 2009 (UTC)
[editar] Dicionario Ir Indo
Alguén sabe que pasa co Dicionario Ir Indo, que hai días que non rula? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:13, 18 de outubro de 2010 (UTC)
- Eu vira unha mensaxe de que ían facelo de pago, creo que era un día deste mes, non lembro cal. Ó mellor o problema é polo cambio que están a facer. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:24, 18 de outubro de 2010 (UTC)
- Agora mesmo xa funciona pero pon que a partires do 20 de outubro será de pago así que hai que aproveitar agora, e despois, todo o mundo a choiar no galicionario!! ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:37, 18 de outubro de 2010 (UTC)