Conversa:Curuxo americano

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nomes galegos[editar a fonte]

Para esta especie o único texto en galego que dá un nome no noso idioma, é o Vocabulario multilingüe de Lahuerta e Vázquez, que lle dan o de curuxo americano. Aínda que o nome é acaído, xa que se trata dunha especie do xénero Scophthalmus, o mesmo do curuxo, e que a súa distribución é unicamente norteamericana (podería ser mellor, talvez, curuxo norteamericano), porén, dado o menor tamaño desta especie que, aínda que pode oscilar entre os 30 até os 80 cm, os exemplares das nosas costas son sensibelmente máis pequenos (entre 30 e 60 cm) que o rodaballo (que pode alcanzar, excepcionalmente, até 1 m de lonxitude) e, por outra parte, a boca deste peixe é moi grande, como o rodaballo, asé como o seu tamaño é superior ao do curuxo e, por riba, moitos autores cosideran o rodaballo como especie do xénero Scophthalmus, polo que os nomes noutros idiomas de Scophthalmus aquosus inclúen o de rodaballo: en francés turbot de sable (rodaballo de area); en catalá rèvola, rèmol, rom, ou turbot atlàntic d'arena, parece tamén apropiado o sinónimo rodaballo areeiro, escollendo areeiro en lugar de de area por semellanza con outros nomes, como o linguado areeiro, ou simplemente areeiro (especie Pegusa lascaris), ou camarón areeiro, un dos nomes do camarón bravo (especie Crangon crangon).--XoioÉche o que hai 2 de xullo de 2013 ás 22:57 (UTC)[responder]