Conversa:Cruz celta

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Artigo interesante, boto de menos coñecer se hai tradición desta cruz tamén en Galiza. Hai 2 afirmacións para as que boto de menos referencias: que as súas orixes sexan precristiás (semellaríame que é para facer máis sólida a estrutura) e que sexa especialmente común en Francia, e de grupos supremacistas brancos nos Estados Unidos. (especialmente en Francia? en España, por desgraza, tamén abondan as pintadas) .--QuatriNauta 15:45, 13 xaneiro 2008 (UTC)

  • Fun eu quen redactou a primeira versión do do artigo, fíxeno a partir de varias wikipedias, a próxima vez serei máis rigoroso; neste artigo fala das orixes da cruz celta, gravadas en pedra, ben entendido que non son de antes de Cristo, son de antes da chegada do cristianismo ás Illas Británicas. A cruz céltica comezou a ser elixida como símbolo de grupos de estrema dereita cando Jeune Nation o elixiu como símbolo da súa organización ao se fundar en 1949 (antes xa fora utilizada polas seleccións deportivas do réxime de Petain), outros grupos sucesores deste levárono tamén como Œuvre française dos anos 60, grupos que se definían como nacionalistas e católicos, e sobre todo polo movemento do Ordre nouveau, que buscaba a coordinación con outros movementos de estrema dereita europeos e moi influinte nos círculos "intelectuais" da estrema dereita, como tamén o grupo Occident. Vou ter que retirar o dos grupos supremacistas brancos norteamericanos, utilizan símbolos nazis, a cruz do KKK ou unha cruz en forma de Y, mirei por internet e non atopei ningún que utilice a cruz celta. Por suposto a cruz celta utilízase nos países celtas (e noutros sitios) sen connotacións de estrema dereita nin racistas, e se revisamos a revista Nós case podo afirmár que teñen que aparecer cruces célticas.--Mac 18:02, 13 xaneiro 2008 (UTC)
  • Esta páxina fala de cruces celtas en Galicia--Mac 18:11, 13 xaneiro 2008 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Cruz celta. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 23 de agosto de 2018 ás 04:34 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (xaneiro 2020)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Cruz celta. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 13 de xaneiro de 2020 ás 22:16 (UTC)[responder]