Conversa:Coulomb

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Remarcar que non é culombio só ten sentido se collemos como referencia para o galego o castelán, xa que esta é a única lingua que utiliza esa forma. Se o artigo está ben feito e só aparece coulomb habería xa que pensar que esa é a forma normal en galego, e máis cando xa se di que a súa orixe é o apelido Coulomb.--Xentenatural 15:10, 21 de abril de 2010 (UTC)

  • Nós non decidimos. Deciden os dicionarios[1][2]. A Galipedia non é unha fonte primaria. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 15:20, 21 de abril de 2010 (UTC)
    • Vaia, fieime do que puña no artigo e resulta que culombio tamén é correcto en galego.--Xentenatural 15:22, 21 de abril de 2010 (UTC)
      • O que agora resulta discutible é a validez da forma "coulomb", por moito que a RAG o dea como preferente. Hai un Real Decreto 2032/2009, de 30 de decembro, polo que se establecen as unidades legais de medida (BOE 18, de 21.01) que dá as formas oficiais (e únicas) para as unidades de medida e as súas abreviaturas, incluídas, claro, as derivadas de nomes propios. E non recolle coulomb. Xa sei que o BOE non é unha autoridade lingüística ós nosos efectos, pero non esquezades este dato nin o feito de que o BOE é de aplicación en todo o territorio, tamén en Galicia; neste caso, o articulado define "las reglas de escritura de los nombres y símbolos de las unidades". A RAE xa emendou o seu artigo e, aínda que recolle as dúas formas, define en culombio. Tomemos nota. Pedro --Lameiro (conversa) 18:31, 21 de abril de 2010 (UTC)
  • O que di Lameiro é interesante. Eu, como son de letras, o único que sei dicir é que non me imaxino que contorsión lingual cómpre para pronunciar ese plural coulombs. Xoacas(non che sinto?) 19:15, 21 de abril de 2010 (UTC)