Conversa:Conquista do Imperio Azteca

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Conquista española de México podería ser un título máis enciclopédico para este artigo.--Acerto 17:05, 25 decembro 2006 (UTC)

Untitled[editar a fonte]

Concordo --Adalbertofrenesi(fala) 18:19, 23 outubro 2007 (UTC)
  • Tamén Concordo --Banjo tell me 18:27, 23 outubro 2007 (UTC)
  • Concordo AlberteSi, digame? 19:09, 23 outubro 2007 (UTC)
  • Discordo, xa que sería anacrónico. ¿Cómo se pode conquistar algo inexistente? De enciclopédico nada, máis ben ao contrario, moi Historia de Hollywood. Lansbricae (Ti dirás) 19:24, 23 outubro 2007 (UTC)
  • Discordo radicalmente co título, carece de todo rigor enciclopédico, non chegaron conquistaron que non é o mesmo, --RNC 15:52, 13 outubro 2009 (UTC)
Que facemos con este texto, non está redactado enciclopedicamente (o último parágrafo é revelador), a metade do texto son frases supostas de Cautemoc (non se indica referencia para saber se son realmente seus eses textos) pero nunha enciclopedia hai que redactar un texto neutral (as citas son apoios pero nunca o corpo do artigo), ademais no texto había unha frase -que retirei- para que o lector fixera un contraste hipotético (!) entre eses parágrafos e a realidade narrada polos historiadores, esa non é a misión dunha enciclopedia, se hai varias posturas, recóllense da forma máis neutral posible no texto do artigo pero non se poñen unha fronte á outra (como dous bandos nunha guerra) que é o que parece querer facer o artigo tal como está redactado.--RNC 16:44, 13 outubro 2009 (UTC)
  • Este artigo é un despropósito. Non sei se alguén ten o tempo e as ganas para reformalo nos vindeiros días. Se non, coido que é mellor o borrado. Artigos deste tipo non se poden manter se non é cun mínimo de referencias e cun contido claramente enciclopédico e neutral. Oxalá haxa algun editor que estea polo labor, senón, ao meu ver, borrado. --Atobar (conversa comigo) 16:53, 13 outubro 2009 (UTC)
    • Insisto, este artigo é de borrado. Alguén se opón ou quere reformalo de cabo a rabo? --Atobar (conversa comigo) 16:33, 25 de abril de 2010 (UTC)
      • Eu creo que é unha perdida borralo, se se lle fan arranxos pode ser un artigo moi interesante, como o é o da wiki es.--Carronada 19:48, 25 de abril de 2010 (UTC)
      • Eu véxoo ben simple: se alguén fai por mantelo déixase, se non bórrase. Así non pode quedar. Xoacas(non che sinto?) 20:08, 25 de abril de 2010 (UTC)
Carronada, anímaste a reformalo? O primeiro aviso meu é de outubro 2009. Cómpre darlle solución xa. Se ninguén di nada nun par de días, procederei a borralo. --Atobar (conversa comigo) 20:37, 25 de abril de 2010 (UTC)
Eu anímome, comenzarei polo título, copiando o artigo da wiki it que é destacado.--Carronada 02:02, 26 de abril de 2010 (UTC)
Perfecto. Que non che esqueza chantarlle a marca de enuso para que non che molesten. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 11:40, 26 de abril de 2010 (UTC)