Conversa:Conexina

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Conexina, innexina e pannexina[editar a fonte]

Fago un comentario sobre o nome destas proteínas. Conexina escríbese en inglés con dous enes (connexin) igual que escriben connexion, connect, etc., pero esta palabra ten a mesma etimoloxía que conectar, conexión, etc. que se escriben cun só ene desde sempre en galego. Outra cousa distinta é pannexina, que procede do prefixo grego pan (todo) + nexina, polo que debe manter os dous enes. De igual xeito, innexina vén da abreviación de invertebrado (e non da preposición latina in) e de nexina, polo que penso que tamén debe manter os dous enes. O que ocorreu é que primeiro se descubriron as conexinas que eran proteínas de vertebrados, pero despois atopáronse proteínas homólogas en invertebrados que se chamaron innexinas (=nexinas de invertebrados). Dígoo por se alguén non entende por que fixen esta distinción nestas palabras. --Miguelferig (conversa) 24 de novembro de 2014 ás 21:34 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Conexina. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de setembro de 2018 ás 22:03 (UTC)[responder]