Conversa:Cinema pornográfico

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Contidos pornográficos[editar a fonte]

Que eu sepa non pode haber imaxes de sexo explícito na galipedia como é o Ficheiro:Rachel Starr and Fan.jpg... No resto de wikis as imaxes que aparecen son de cinema antigo ou debuxos, nunca imaxes coma esta. Solicito a súa eliminación, xa que a miña edición foi revertida por un dos usuarios. --95.125.93.130 18 de xaneiro de 2013 ás 15:33 (UTC)[responder]

Remítote directamente á política: WP:NON#CENSURA. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 18 de xaneiro de 2013 ás 15:38 (UTC)[responder]
Nese caso esto é unha páxina pornográfica entendo. --95.125.93.130 18 de xaneiro de 2013 ás 15:42 (UTC)[responder]
Non, ninguén dixo iso. --Toliño Fala aquí comigo 18 de xaneiro de 2013 ás 15:45 (UTC)[responder]
Logo disto, o editor deixou a seguinte mensaxe na miña conversa (que reproduzo aquí a efectos de termos o debate centralizado nesta conversa):
Vamos a ver eu eliminei a imaxe non por que guste ou me deixe de gustar. O da política de non censura paréceme moi ben, pero sempre e cando se manteñan uns límites, creo que a Galipedia non é o lugar para que apareza esa imaxe (xa explíquei na conversa que non me parece mal que apareza un debuxo representativo) pero non unha imaxe real de sexo explícito. Tal vez foi ese o motivo do malentendido. Un saúdo--95.125.93.130 18 de xaneiro de 2013 ás 15:46 (UTC)

--Toliño Fala aquí comigo 18 de xaneiro de 2013 ás 16:00 (UTC)[responder]

Ben, ao meu entender, dicir que a imaxe é "sexo explícito" quizais sexa dicir moito. Por min pode quedar como está. Pero se hai tanto problema, non me vou opor a un cambio por unha máis rebaixada de ton, como a que usan na Wikipedia en inglés. --Toliño Fala aquí comigo 18 de xaneiro de 2013 ás 16:03 (UTC)[responder]

En vistas de que non teño moito que facer sobre o tema non vou discutir máis. E por suposto que é sexo explícito ou é que non ves o home baixo da moza? --95.125.93.130 18 de xaneiro de 2013 ás 16:07 (UTC)[responder]

A min non me parece que sexa unha imaxe de "sexo explícito", polo tanto penso que é mellor deixar o artigo tal e como está. Saúdos. --JaviP96 18 de xaneiro de 2013 ás 16:11 (UTC)[responder]

Propoño o cambio por esta outra
no que se ve unha rodaxe dun filme desde xénero e tal vez sexa máis apropiada para o tema do artigo ca imaxe dunha actriz porno cun fan... --95.125.93.130 18 de xaneiro de 2013 ás 16:13 (UTC)[responder]
Pois pomos as dúas e listo. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 18 de xaneiro de 2013 ás 18:50 (UTC)[responder]

Explícito[editar a fonte]

Defininción segundo a RAE: Que expresa clara y determinadamente una cosa. A imaxe expresa clara e determinadamente unha acción sexual real entre dúas persoas, ou é que pensades que está a buscar algo ahí polo baixo?

O artigo é sobre cinema pornográfico, que inclúe sexo explícito a deus dar nunha grande parte dos casos, polo tanto é acaído poñer esa imaxe ou mesmo outra máis forte, quen non deba ver esa imaxe non debería ver tampouco o artigo, outra cousa é autocensura. Isto é o que penso.--Sernostri (conversa) 18 de xaneiro de 2013 ás 17:07 (UTC)[responder]
Isto é a Galipedia, así que hai que consultar o [http://www.realacademiagalega.org/dicionario#loadNoun.do?current_page=1&id=21008 DRAG (Dicionario da Real Academia Galega), que di o seguinte 1. Que está expresado claramente. 2. Que se expresa con claridade suficiente, sen levar a equívoco. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 18 de xaneiro de 2013 ás 18:30 (UTC)[responder]