Conversa:Charles Darwin
Estou a traducir o artigo dende a wikipedia inglesa. Sendo eu biólogo podo dar fe da alta calidade do artigo inglés e de que se traducen correctamente termos e expresións científicas que aparecen. Calquera modificación terminolóxica neste sentido, prego se comente aquí.
Non hai infobox para bibliografías máis completos? porqué a 'ocupación' do código non se mostra despois? Mgl.branco 23:04, 26 xuño 2009 (UTC)
- Non hai parámetro de ocupación no modelo infobox biografía, por iso aínda que se poña no artigo non sae. Polo de agora non hai outro máis completo. O que hai agora pódese mellorar, pero de facelo ten que ser con tento, xa que calquera erro reproduce o erro en tódolos artigos nos que estea o modelo. Alberte Si, dígame? 23:34, 26 xuño 2009 (UTC)
Corrixir 'facerse famoso' por 'tornarse famoso' é unha corrección unicamente estilística e gratuíta. Ambas son expresións perfectamente válidas. Mgl.branco 10:53, 27 xuño 2009 (UTC)
- Non o correxín por tornarse famoso, senón por tornarse coñecido, o verdadeiro troco que fixen foi mudar famoso por coñecido, xa que creo que o segundo é máis axeitado para o caso. Alberte Si, dígame? 13:51, 27 xuño 2009 (UTC)
Igualmente cambias facer > tornar. En canto ó segundo, Darwin chegou en vida súa a ser famoso sensu stricto, inda que non nese momento, senón máis tarde. Mgl.branco 17:44, 27 xuño 2009 (UTC)
NB: igualmente 'toliño' 'corrixiu' 'aportar' por 'achegar'. Inda que o significado que el apunta é correcto, 'aportar' é sinónimo perfecto de 'achegar' para esa acepción e está sancionado no VOLGA como 'entrada tolerada'. Non discrepo do cambio.Mgl.branco 17:51, 27 xuño 2009 (UTC)
- Só como aclaración aportar en galego é segundo o Xerais "chegar a porto unha embarcación; arribar, recalar". En Wikipedia:Erros de ortografía recóllense ademais desa entrada outros erros comúns. Por certo, boa cousa que esteas traballando na mellora do artigo. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:12, 27 xuño 2009 (UTC)
digalego.com, é dicir, Ir Indo, identifica 'aportar' coma sinónimo perfecto de 'achegar'. Pero rectifico, porque acabo de comprobar que o diccionario da RAG táchao de incorrecto. Ah, grazas!Mgl.branco 20:21, 27 xuño 2009 (UTC)