Conversa:Catacumba

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Está claro que non as inventei, así que tentarei referencialas, por certo, ¿vale como referencia unha wikipedia noutra lingua?--Carronada 20:49, 21 de abril de 2010 (UTC)

Con respecto o que queda por referenciar ¿que é? ¿Debo referenciar as enormes persecucións que sufriron os primeiros cristias en Roma e outras cidades do Imperio? ¿Ou é outra cousa?--Carronada 21:01, 21 de abril de 2010 (UTC)

  • Debes referenciar a frase no seu conxunto: As catacumbas romanas son froito da prohibición e persecución do cristianismo, por iso o cómpreref está colocado ao cabo dela. Dicir que son froito é dicir que é inequivocamente apareceron co gallo da persecución do cristianismo. Non sei se isto foi así para o caso das catacumbas romanos en concreto, polo que leo na páxina italian que ofreces parece ser que si. En todo caso, a referencia aclarírao, por iso se pide. Noutra orde de cousas, e sen ánimo de converter isto nun foro, cousa que non é, esas 'enormes persecucións' cómpre entrecomiñalas, porque segundo sabemos a día de hoxe a historiografía cristiá xa se encargou, coma sempre, de magnificar os episodios que a atinxen que dá xenio. Persecución claro que houbo, pero por non pasar polo elo de adorar ao emperador; as crenzas tíñalles ao vento aos romanos mentres se pagasen relixiosamente os impostos. Se fose tan enorme, non ocuparía o cristianismo o sitio que ocupa hoxe. Sobre da segunda referencia, ben posta está. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21:28, 21 de abril de 2010 (UTC)
Non se podía enterrar dentro dos límites da cidade de Roma (hominem mortuum in urbe ne sepelito neve urito [1], os romanos tradicionalmente queimaban os seus mortos (aínda que tamén os enterraban dependendo das épocas con máis profusión) algo que tampouco era do agrado dos xudeus (tamén existen catacumbas xudías) e cristiáns que adoitaban enterrar os seus mortos en catacumbas fóra da cidade de Roma, esa é a súa orixe que non ten nada que ver con persecucións, e isto está recoñecido por todos, incluíndo as fontes cristiás actuais, por exemplo neste libro editado polo Centre de Pastoral Litúrgica de Cataluña na páxina 30--Cheluco 20:58, 13 de febreiro de 2011 (UTC)
Cando se retira unha referencia creo que é preciso dar razóns, como fixen neste caso, pero é que era unha referencia enganosa, a frase era esta "Estes, ao estaren perseguidos, buscaron nos subsolo romano un medio de soterrar de maneira cristiá os seus mortos" pero na referencia lese, non nesa páxina que non aclara nada, senón na introdución "Durante las persecuciones sirvieron, en casos excepcionales, como lugar de refugio momentáneo para la celebración de la Eucaristía. Los cristianos no las usaron como lugar para esconderse; esto es pura leyenda y una ficción en novelas y películas.", e continúa nos parágrafos seguintes con razóns que non teñen nada que ver con persecucións[2]--Cheluco 21:15, 13 de febreiro de 2011 (UTC)