Conversa:Castelo de Soutomaior

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

No caso da correción ortográfica (subs. adosado por anexo) feita creo que sería máis correcto falar de acaroado, xa que o uso de anexo engade un significado que non é aplicable no contexto da relación entre a torre e o palacio. --84.78.73.208 16:14, 19 outubro 2009 (UTC)

  • Acaroado é achegado ou arrimado; anexo é unido ou agregado e mais tamén pode ser parte que se engade a outra principal; o primeiro significado é semellante a acaroado pero se cres que pode dar lugar a confusións non hai problema en cambialo por acaroado.--RNC 16:21, 19 outubro 2009 (UTC)
Unha pregunta, non están comunicadas a torre e o palacio?, creo que si, se están non é correcto acaroados xa que entón non están arrimados, están unidos.--RNC 16:30, 19 outubro 2009 (UTC)
Como este é un artigo sobre arquitectura hai que utilizar na medida do posible as palabras segundo o seu significado nunha modalidade especifica, e anexo na linguaxe arquitectónica é unha estrutura preto ou unida a outra principal ou máis grande. Segundo iso, e tal como expón a IP anexo no texto non se axeita ao uso común en arquitectura.--RNC 16:43, 19 outubro 2009 (UTC)