Conversa:Casa do concello

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Historia e arquitectura[editar a fonte]

Cumpría crear os apartados historia e tamén tratar os aspectos arquitectónicos destes edificios. Atopei un documento dun arquitecto que tamén semella que é profesor universitario que fala do nacemento das casas comunais pero non tiven ocasión de comprobar a súa fiabilidade nin de lelo por completo. Se hai alguén que dispoña de máis coñementos por favor que engada máis datos. Respecto as casas dos concellos galegos tamén se podería ampliar, tentei comezalo a tratar coa galería das casas dos concellos galegos e os pés de foto pero sería mellor ter unha sección para iso. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:38, 28 de febreiro de 2012 (UTC)

Prevert, e nas galerías de imaxes non che resulta máis doado, e de mellor resultado, empregar o modelo:Galería antes que andar metendo código no gallery??? --. HombreDHojalata.conversa 07:59, 29 de febreiro de 2012 (UTC)
Prefiro non usar {{Galería}} porque ese modelo "invita" a engadir máis imaxes das recomendables. Polo xeral abonda con dúas filas (ía dicir 8 imaxes na galería pero agora pódense poñer algunhas máis nesas dúas filas). O modelo semella que permite agochar parte das imaxes e visualízalas coa barra de desprazamento pero se as imaxes non se teñen que ver por omisión non deberían mostrarse na páxina da propia entrada. O artigo, polo de agora, en comparanza co texto, ten imaxes abondo. A min paréceme un artigo complicado pola dificultade de achegar información suficiente de fontes fiables, o criterio que seguín coas imaxes e que ademais de ilustrar entre todas teñan un corpo unitario para fornecer máis información a través delas, porque o artigo trata tamén da arquitectura e o que se fala debe verse. Aínda falta para que sexa un artigo completo pero non sei se poderei engadir moitos máis datos. Confio en que algún dos compañeiros expertos en arquitectura e noutros temas poida axudar. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:09, 29 de febreiro de 2012 (UTC)
Engadín algo sobre historia. O artigo non é doado porque inda que podese recortar cos datos de comezos son ises, non atopo unha fonte mais credible. Viollet le Duc é unha boa fonte para o que sigue : a arquitectura de casas de concello da idade media, pero non tanto para a historia en si. Por outra banda, como xa temos moitas fotos no artigo, non me decidín a engadir ista que é (pola dereita),en 2008, a torre que debuxa Viollet-le-Duc. Xa se verá. A ver si atopamos un usuario de arquitectura que saiba da historia. --Elvira (fálame) 15:08, 3 de marzo de 2012 (UTC)
Moitas grazas pola túa edición. É unha entrada moi difícil se se quere facer ben e co texto que engadiches o artigo gaña moito. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:18, 3 de marzo de 2012 (UTC)

Prevert, dende o meu comentario non lera esta conversa ata agora. O modelo {{galería}} non ten absolutamente nada que ver co de meter máis imaxes e a barra de desprazamento vertical, iso é un engadido a maiores, que se pode empregar combinado co modelo:galería ou se pode empregar combinado co código <gallery> ou con calquera outra cousa, ou pode non empregarse. --. HombreDHojalata.conversa 19:50, 10 de marzo de 2012 (UTC)