Conversa:Candorca

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Se orca non é unha forma correcta en galego deberíase borrar todo o apartado denominación, tamén se podería reformulalo en concordancia coas denominacións galegas ou engadindo información sobre as denominacións noutras linguas.--RNC 17:50, 20 novembro 2008 (UTC) En galego sempre se utilizou unha forma derivada do latín orca (candorca ou alcandorca) e non creo que nunca se utilizase o de balea asasina polo que non houbo mudanza ningunha propiciada polos cientificos.--RNC 17:54, 20 novembro 2008 (UTC)

  • Tes razón, quizais haxa que elimina-lo apartado, deixeino porque fala doutras lingus coma o inglés, onde se chama orca, pero non me fagas caso porque non revisei a fondo o artigo, por iso deixei o aviso para que o revise alguén. Es libre de mellora-lo artigo, que na actualidade é moi mellorable. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 18:11, 20 novembro 2008 (UTC)
    • Tomeime a liberdade de eliminalo, deille unha ollada ao artigo inglés e de certo o texto estaba alí, o que indica que ese texto procede do inglés e alí claro que ten sentido, agora ben levar ese texto mimeticamente a outras wikipedias é un pouco absurdo.--RNC 19:11, 20 novembro 2008 (UTC)
      • Discrepo do borrado dese texto. Por unha banda esta é unha enciclopedia en galego, non unha enciclopedia de Galicia, logo as denominacións (e a orixe destas) que reciba noutras linguas poden te-lo seu interese, máxime neste caso no que o nome de orca, aínda que non sexa correcto en galego, é o máis coñecido e empregado. A calificación de balea asesina, non é só a tradución literal do seu nome inglés senón que forma parte do historial do animal e esa mala fama acompañouno toda a vida e seguirá arrastrándoo, quizais, sempre. E aí explicábase a extensión desta -mala- fama por todo o mundo. Por todo iso, pode estar xustificado un cambio na presentación desta parte do artigo, pero non o seu borrado. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:28, 20 novembro 2008 (UTC)
  • A miña discrepancia era por como estaba redactado, e parece que nisto coincidimos, se o texto fose presentado doutra maneira que non levase a confusión.... Penso que non se pode dicir simplemente que se recuperou o termo orca (e se non se especifica hai que supoñer que se refire ao galego), cando o que se debería dicir é que en inglés o nome se popularizou a partir dos anos 60 (e tampouco hai indicación de fontes para saber se iso é realmente así). Pero tampouco teño problema en que se volva engadir o texto se considerades que é útil.--RNC 19:46, 20 novembro 2008 (UTC)

É o segundo animal de maior área de distribución xeográfica (despois do home). Dubido moitísimo da veracidade desta frase. De non se atopar ningunha referencia que a respalde debería eliminarse. --Paradanta (Cóntame) 3 de abril de 2013 ás 11:28 (UTC)[responder]