Conversa:Célula procariota

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Célula procariótica»)

Ampliación[editar a fonte]

Inicio unha ampliación importante desta páxina con todas as características da célula procariota, para poder sacar ao final o aviso de "artigo nos seus primeiros pasos". Ampliei ou fixen tamén as páxinas Monera e Prokaryota, nomes de taxons teoricamente xa non válidos, pero aínda moi usados (e xa veremos as voltas que dá a taxonomía no futuro, que igual se recuperan). Nesas outras páxinas centreime sobre todo en cuestións taxonómicas de clasificación, historia da clasificación e evolución, polo que as características dos procariotas estounas poñendo todas aquí, en "Célula procariótica", que ten as redireccións "procariota" e "procarionte". Poñer as características en todas as páxinas é moi repetitivo (e hai que engadir a estas as páxinas Bacterias e Arqueas, onde habería que volver a repetilo), pero se se cre conveniente sempre se poden ampliar máis tarde. Polo momento, e no que se refire o traballo que teño pensado facer eu, a páxina de características de procariotas será esta. A información para esta páxina tómoa principalmente do libro de Brock de Microbioloxía, e tamén doutros wikis.--Miguelferig (conversa) 23 de xullo de 2014 ás 12:20 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (decembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Célula procariota. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de decembro de 2019 ás 08:31 (UTC)[responder]