Conversa:Batalla da fraga de Teutoburgo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Por que fraga e non bosque? Unha fraga é un tipo específico de bosque. Descoñezo a tradición historiográfica da denominación, pero Gaius Cornelius Tacitus chama-a saltus Teutoburgiensis e en alemán é Wald. --Xosé (✉) 17:18, 9 setembro 2007 (UTC)

bosque / fraga e outras cousas[editar a fonte]

Segundo o Xerais da lingua bosque e fraga son sinónimos. Sendo fraga o termo de indubidábel orixe galega, é lóxico darlle preferencia. Por outra banda, cara á fin do texto hai un par de comentarios de carácter non moi enciclopédico: cando se fala das linguas que no terían existido: "(para ben ou para mal)" e a referencia posterior ao escritor alemán. Na miña opinión cumpriría eliminar estas partes. --Manudosde 13:05, 2 outubro 2007 (UTC)

  • Coincido, elimineino do texto.Acerto 17:32, 14 xaneiro 2008 (UTC)
    • o apartado Eterna oposición" entre xermanos e latinos é absurdo, vouno eliminar tamén.Acerto 18:04, 14 xaneiro 2008 (UTC)
  • Eliminei o da orde de marcha do exército romano, precisamente no momento do ataque o groso do exército non estaba marchando, tal como conta Dión Casio estaban cortando árbores, construíndo estradas e establecendo pontes, de estar en marcha terían máis posibilidades de rexeitar o ataque. Iso sen falar que non había unha única orde de marcha, estaba o agmen pilatum, o agmen quadratum ou o agmen munitum e non creo que tivera moito que ver a marcha polas zonas secas que conta Flavio Xosefo coa marcha nos bosques do norte de Europa.Acerto 19:22, 14 xaneiro 2008 (UTC)
  • Un aviso, non o vira ata agora pero o artigo da wikipedia está moi ben, case valería máis borrar este e traducir o catalán.Acerto 21:01, 14 xaneiro 2008 (UTC)