Conversa:Balenoptéridos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nomes galegos para as especies de balenoptéridos[editar a fonte]

Nas fontes consideradas habitualmente fiábies na Galipedia, xa temos un pequeno repertorio de nomes vulgares galegos para case todas as especies de balenoptéridos.
Porén, cómpre agora decidir cales deste nomes elixir para cada especie.
Como nesta conversa vou dar algunhas opinións persoais, é polo que tengo que facelo aquí, e non, loxicamente, no texto do artigo.

1. Desde que o dicionario da RAG inclúecoas correspondentes definicións, os termos balea, rorcual e xibardo:

balea1
substantivo feminino
1 Mamífero da orde dos cetáceos do que existen diversas especies, propio dos mares fríos, semellante a un enorme peixe, coas extremidades anteriores en forma de aleta e a aleta caudal horizontal. As baleas xúntanse en grandes mandas.
2 Cada unha das láminas córneas e elásticas que ten este mamífero na mandíbula superior, as cales, debido á súa dureza se aproveitan para diversos usos. Os cetáceos reteñen moluscos, crustáceos e pequenos peixes nas súas baleas. Sinónimo barba3.
por extensión
3 Lámina de calquera material similar a esa. As baleas do corpiño.

rorcual
substantivo masculino
Zooloxía Mamífero da familia dos balenoptéridos (Balaenoptera physalus) de gran tamaño, corpo esvelto e cunha pequena aleta dorsal. O rorcual cando é perseguido polos baleeiros pode acadar velocidades de ata 20 nós.

xibardo
substantivo masculino
Zooloxía Balea da familia dos balenoptéridos (Megaptera novaeangliae), de cor case negra, cunha aleta pectoral de gran tamaño e protuberancias carnosas na cabeza. O xibardo emite complexos cantos.

1.1 Queda claro que podemos denominar estas especies cos termos xerais balea ou rorcual (e xibardo para o nome específico de Megaptera novaeangliae, desbotando, por tanto, o apelido *xibarte que lle dá a SGHN.
1.2 Lendo as definicións de xibardo no dicionario da RAG comprobamos que é unha balea. Por outra parte, na de rorcual vemos que é un mamífero [non unha balea] da familia dos balenoptéridos, aínda que só especifica a especie Balaenoptera physalus non facendo, como noutros casos, a apreciacíón "do que existen varias especies". Comuniquei á RAG que normalmente os cetólogos de practicamente todos os países (incluíndo os de Galicia), adoitan reservar o nome rorcual no só para a devandita especie, senón para todas as da familia dos Balaenopteridae, mesmo á de Megaptera, o xibardo, que por iso tamén algúns denominan rorcual xibardo, como, por exemplo, Lahuerta e Vázquez no seu Vocabulario multilingüe (que, por certo, leva a supervsión do TERMIGAL ≈ Semiamnrio de Terminoloxía da RAG). A Academia contestoume dicindo que "grazas, e que terían en conta a miña suxestión" (iso si, sen dicir se favorable ou desfavoravelmente, pero, loxicamente, terán que pensalo).
1.3 Como todos os algo versados en cetáceos saben, os cetólogos usan rorcual SÓ para as especies dos balenoptéridos, reservando o termo xenérico balea para os da dos balénidos (aínda que admitindo que, por extensión, tamén se poden denominar baleas ás dúas especies monoespecíficas das familias dos Neobalaenidae (Caperea marginata) e dos Eschrichtidae (Eschrichtius robustus) por seren moi semellantes ás verdadeiras baleas, e porque tampouco paga a pena andar expremendo os miolos para "iventar" novos nomes, tendo en conta, tamén, que para o "gran público" todos os misticetos son baleas, e incluso algún odontoceto, como o cachalote (recordemos Moby Dick or the White Whale ("Moby Dick" ou a balea branca), de Herman Melville (e desprezando olimpicamente aos cursis que empregan o anglicismo Killer Whale ou "balea asasina" para chamar á nosa candorca que, nin é balea nin, moito menos, asasina).
Polo tanto, e xa entro nas miñas opinións, penso que o nome xen´werico para todos os balenoptéridos debe ser rorcual, aínda que admitido tamén balea cono sinónimo non preferente.
1.4 Aínda queda outros asuntos por considerar.
Por un lado, que a RAG non é demasiado partidaria de utilizar certos adxectivos compostos, como puntiagudo (prefire "de punta aguda"), branquiazul (prefire "branco e azul"), ou... alibranco. Polo tanto, o máis sensato nsería, para o nome específico de Balaenoptera acurostrata o de de aletas brancas.
Por outro, semella (polo menos a min) un pouco desafortunado apelido que lle dan tanto Lahuerta e Vázaquez como Díaz d'a Silva e Cartelle a Balaenoptera borealis: de pintas (aínda que as teña; pero sería mellor, en todo caso, e máis galego, pinto), aínda que é pouco comprensíbel esta decisión, que nos afasta dalgúns dos idiomas próximos, que prefiren adoptar o nome específico borealis:
castelán: rorcual norteño (segundo Lahuerta e Vázquez, rorcual negro; e as pintas?)
catalán: rorqual boreal
francés: rorqual boréal
italiano: balenottera boreale
portugués: baleia-boreal (entre outros nomes usados)

A miña proposta (para discutir, obviamente)
Na miña opinión, uns adecuados nomes galegos para os balenoptéridos citados na bibliografía galega, e que contan con fontes fiábeis, serían:

  • Balaenoptera acurostratarorcual de aletas brancas
  • Balaenoptera borealisrorcual boreal
  • Balaenoptera edenirorcual de Byrd
  • Balaenoptera musculusrorcual azul, sinónimo balea azul (nome moi estendido)
  • Balaenoptera physalusrorcual común, sinónimo balea común (nome bastante estendido)
  • Megaptera novaeangliaexibardo, sinónimos rorcual xibardo e balea xibardo

Queda, aínda, as dúas especies non citadas na nosa bibliografía. Para min, uns nomes consontes cos das outras linguas poderían ser, por extensión, os seguintes:

  • Balaenoptera bonaerensisrorcual austral (debido á súa distribución, e en contraposición ao boreal)
  • Balaenoptera omurairorcual de Omura (adaptando o nome específico)

Pero isto xa sería obxecto doutra discusión.--XoioÉche o que hai 22 de setembro de 2013 ás 21:33 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Balenoptéridos. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 22 de agosto de 2018 ás 11:00 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (decembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Balenoptéridos. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 12 de decembro de 2019 ás 11:26 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (xaneiro 2020)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Balenoptéridos. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 27 de xaneiro de 2020 ás 08:39 (UTC)[responder]