Conversa:Artur Tudor

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non lle correspondería a este artigo titularse Arturo, príncipe de gales? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 16:52, 21 de decembro de 2010 (UTC)

Artur creo que é correcto, entón quedaría Artur, príncipe de Gales pero creo que non se poñen os títulos de nobreza ou realeza nos títulos dos artigos, algo lin por aí, quizais nas convencións de nomes.--Cheluco 18:37, 21 de decembro de 2010 (UTC)
Pois debino ler noutra wikipedia, xa que non o atopo por aquí: Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos--Cheluco 18:39, 21 de decembro de 2010 (UTC)

Pois precisamente: "Os nomes de reis, papas, figuras históricas, divindades, personaxes mitolóxicos, personaxes literarios, etc. adáptanse ao galego". Tócalle Arturo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:51, 21 de decembro de 2010 (UTC)

Temos Rei Artur, de onde tiras que Artur non é forma galega?, podes ver [1]--Cheluco 22:58, 21 de decembro de 2010 (UTC)

Vale, xa entendo cal era o desacordo. Non o digo, ignóroo. De feito, revisando, vexo que está recollido na Lista de nomes masculinos en galego. Parecerame ben Artur, príncipe de Gales. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:01, 21 de decembro de 2010 (UTC)