Conversa:Apelido

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

  • Este artigo colide en boa parte co de Antroponimia. Habería que remitir a el e suprimir aquela información que é redundante (e ás veces contraditoria). Alí hai tamén bibliografía bastante máis completa da que hai aquí. Creo que habería que facer unha reforma en profundidade. --Anox (conversa) 16:52, 12 de novembro de 2012 (UTC)
  • Para ver cales eran realmente as formas medievais galegas, hai que consultar o TMILGa (http://sli.uvigo.es/xelmirez/). Non se deberían citar apelidos que non existen; para comprobalo, pódese mirar na Cartografía dos Apelidos de Galicia.
  • Non sei moi ben que significan as barras que separan os apelidos, e que diferenza hai coas comas. Como dixo Rosamf, habería que distinguir formas modernas (sen castelanizar, paréceme que aquí habería que propor as formas correctas, aínda que non sexan moi frecuentes) das formas antigas. En canto ás portuguesas, xa teñen a súa páxina. --Anox (conversa) 16:52, 12 de novembro de 2012 (UTC)
  • Fixen varios cambios neste artigo dos apelidos. Paréceme moi ben que haxa versións en galego ILG-RAG e galego reintegrado, pero o que non ten moito sentido é que se coloquen en pé de igualdade formas castelanizadas (como "Payo") ou con grafías non adecuadas a ningunha norma, tipo pór no mesmo plano "Cristobo" e "Cristovo". Por outra parte, estilisticamente non se diferencian as variantes dun mesmo apelido (tipo "Fins" e "Fiz"), senón que se puñan separadas cunha barra igual que se facía coas formas reintegradas, o que pode dar pé a confusións.

O único que non mudei foi o apartado que comeza coa frase "Alguns apelidos toponímicos son", pois require unha revisión ben a fondo.--Rosamf 18:43, 2 marzo 2010 (UTC)

  • Cando aparece Payo (con i grego), dicir que é un castelanismo é erróneo. Fíxate que de PELAGIUS > Pelaio > Pelayo (español) e PELAGIUS > Pelaio > Peaio > Paaio > Paio. O que ocorre é que no galego medieval Y e I son equivalentes, e poderás ver nun mesmo texto medieval por exemplo Pereyra e Pereira (e non por iso imos falar de castelanismo) ou Paio e Payo (lidos ambos Paio, claro). Na Idade Media non había unha institución que fixase normas, e ver Payo en textos en galego é do máis normal, e é unha forma galega (pois perdeuse o -L- intervocálico, fenómeno que non ocorre no español). Canto ao B e V, pasa o mesmo, un mesmo escriba usaba ás veces nun mesmo manuscrito Cristobo e Cristovo, e por iso no artigo están no mesmo plano; cantos apelidos Vispos non hai por aí (bispos sería a forma etimolóxica). Outra cousa é que queiramos facer o artigo en galego actual, o cal tamén se pode facer mais deixando un apartado para as grafías arcaicas -penso que é interesante, ademais algunhas delas chegan á actualidade- para non confundilas con castelanismos. Por iso repuxen algunhas mudanzas, mais o artigo aínda debe mellorar. --Xoán Carlos Fraga 13:03, 24 de abril de 2010 (UTC)
  • Para contrastar co portugués, na wikipédia portuguesa hai o artigo: Anexo: Lista de apelidos de família da língua portuguesa. --Xoán Carlos Fraga 16:22, 24 de abril de 2010 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Apelido. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 22 de agosto de 2018 ás 06:49 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Apelido. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de setembro de 2018 ás 04:51 (UTC)[responder]