Conversa:Ambiente

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Penso que o contido desta páxina deveria ser trasladado a páxina medio ambiente e borrado e en todo caso poñela como redireción--Alfonso mande 13 de setembro de 2014 ás 16:18 (UTC)[responder]

Concordo--. HombreDHojalata.conversa 10 de agosto de 2015 ás 11:01 (UTC)[responder]
Xa está proposta a fusión, agora hai que facela. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de agosto de 2015 ás 00:28 (UTC)[responder]
Discordo Na Ecoloxía (ciencia), medio e ambiente son redundantes. De feito, a definición é incorrecta (mirarei de corrixila). A interacción de organismos co ambiente é mutua: os organismos teñen un impacto directo no medio. Como exemplos, A liberación por parte do fitoplancto de materia orgánica disolta na capa subfótica dos océanos xera un ambiente con recursos que permite existencia de bacterioplancto. Así mesmo, a deposición de follas no chan, a súa degradación en forma de moamo etc xera un estrato de solo que dá aparición a hábitats que poden ocupar determinados microorganismos. Con isto, non é necesario facer unha redundancia, porque tanto ambiente ou medio describen perfectamente ao que se pretende transmitir na bioloxía. O ambiente "físico-químico" no que vivimos tanto restrinxe como se ve modificado polas actividades biolóxicas. Suxiro, en todo caso, mover páxina a "ambiente (bioloxía)". Mgl.branco (conversa) 27 de marzo de 2016 ás 11:26 (UTC)[responder]
De momento queda fusionada, se máis adiante alguén se anima a redactar o artigo coa proposta de Mgl.branco, adíante.--AMPERIO (conversa) 29 de abril de 2016 ás 11:53 (UTC)[responder]
Revisei o texto. Cito as fontes para o emprego de "ambiente": o dicionario de termos de bioloxía do Ramón Piñeiro, USC e Xunta; e notas da RAG. Procedo a mover a páxina a "ambiente". Mgl.branco (conversa) 15 de novembro de 2017 ás 21:30 (UTC)[responder]