Conversa:Amancio Ortega

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Empresario galego[editar a fonte]

¿Amancio Ortega galego? Non naceu na Galiza... ¿Alguén sabe se fala galego? --Nemigo (discusión) 23:30, 25 de xuño de 2012 (UTC)

Amancio Ortega non é galego, por moito que algúns queiran indicalo así nesta wikipedia. Se queremos que esta wiki teña algo de valor, temos que ser fieis á realidade e non ás opinións persoais. Alguén nado en León non pode ser galego, aínda que mudara para Galicia de pequeno, se é que con 14 anos aínda é pequeno. Hugo1982 (conversa) 12 de setembro de 2022 ás 10:53 (UTC)[responder]
Estimado @Hugo1982:. Non podo compartir a afirmación de que "alguén nado en León non pode ser galego". Para dicir se alguén é galego (ou non) hai que considerar máis cousas, a maiores do lugar de nacenza. Ortega viu para Galicia con oito anos de idade e anda agora polos 86. Leva 78 anos vivindo e traballando en Galicia. Amais, dicir que alguén é galego non é excluínte. Alguén pode ser galego e ser tamén estremeño ou catalán, igual que alguén pode ser uruguaio e tamén español. Teño eu un irmán que naceu a milleiros quilómetros de Galicia, e é americano de nacemento e é galego. Por favor restaura o contido eliminado. --. HombreDHojalata.conversa 12 de setembro de 2022 ás 11:13 (UTC)[responder]
Pode que na memoria social Amancio Ortega poda ser considerado para alguén como galego, pero se esta é una wikipedia que pretende ser "A enciclopedia libre" non podemos deixar a rigurosidade de lado e hai que ser fieis aos feitos máis que aos sentimentos. Comprendo o que dis, e seguramente a moita xente chócalle saber que Amancio Ortega non é galego, pero a realidad é que non o é e penso que así debería quedar reflexado aquí. Entendo que aquí debemos ter o concepto de que alguén é de donde nace, non de onde se sinte. (Que tampouco sabemos se Amancio Ortega síntese galego)
Síntoo pero non vou a restaurar o contido eliminado, a non ser que teñamos unhas declaracións súas dicindo que él síntese totalmente galego, cousa que creo que non existe e non podemos nos otorgarlle ese sentimento.
E o teu irmán seica naceu en americano, e él americano, aínda que se sinta galego e teña aquí grandes raíces (sen dúbida, máis que Ortega cando chegou) Un saúdo. Hugo1982 (conversa) 12 de setembro de 2022 ás 11:25 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Amancio Ortega. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 22 de agosto de 2018 ás 03:49 (UTC)[responder]

Repartición loita contra o cancro[editar a fonte]

Eliminei a distribución por CC.AA. da súa doazón. A distribución non a fixo el que foi o ministerio.--HacheDous=0 (conversa) 25 de agosto de 2018 ás 17:34 (UTC)[responder]

Volvo poñer o contido. Da igual quen fixera a distribución. Non foi un reparto lineal e fíxose a cada comunidade autónoma é ven sendo información. --188.85.121.110 26 de agosto de 2018 ás 10:18 (UTC)[responder]
Decidir, por ejemplo, que Cataluña recibiera 47 millones y Cantabria 3,1 no fue una tarea fácil. Según explican desde la Fundación (de amancio ortega) se tuvo en cuenta el ratio de población, así como las necesidades presentadas por los profesionales sanitarios, con los que se sentaron para identificar el equipamiento requerido.

[1]

Polo que pon na ligazón achegada a doazón NON a repartiu o tal ministerio de sanidade (que non ten competencias xa que a sanidade está transferida ás comunidades autónomas) A fundación de amancio ortega negociou con cada comunidade autónoma en función das necesidades de cada unha e foron esas comunidades autónomas as que elexiron o equipamento a mercar. Polo tanto a táboa SI é necesaria. Son doazóns a cada comunidade autónoma, individuais. Non unha única doazón. A cifra inicial a doar era de 320 millóns. Foi menor despois das negociacións con cada comunidade. --188.85.121.110 26 de agosto de 2018 ás 10:26 (UTC)[responder]

  • Agora fun eu quen reverteu a túa edición, ip. Como che sinalou HacheDous=0 no resumo de edición, detallar cunha táboa non é acaído. Remítome ao criterio de proporcionalidade e ás explicación do que a Wikipedia non é (un repositorio de datos, por exemplo). Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 26 de agosto de 2018 ás 15:30 (UTC)[responder]
  1. "Así ha repartido Amancio Ortega 308 millones en los hospitales españoles".